AARÓN LÓPEZ: Colga as botas tras 26 anos

Aarón López Martínez (Fisterra, 1988) deixou patente a súa categoría antes de retirarse do fútbol.

Fíxoo da mellor forma, dando unha exhibición sobre o terreo de xogo na final da 57º Copa da Costa, que o seu equipo, a SD Fisterra, gañou á SD Esteirana. Aarón comezou aos 8 anos a xogar e agora culmina a súa etapa deportiva aos 34. Foron 26 anos que agora imos rememorar co protagonista.

Como foi a súa traxectoria?
Comecei de benxamín, aos 8 anos, xogando non Conxo. Despois pasei polo SD Compostela en cadetes de División de Honra e logo en xuvenís. Non CD Calasanz en nacional e onde cando era de segundo ano conseguimos o ascenso a División de Honra. Despois no primeiro ano de sénior co Betanzos CF, unha tempada en 3ª División; logo outra co Laracha FC, en Preferente, e xa logo vin pa Dumbría CF onde estiven 9 anos e onde conseguimos tres ascensos a Preferente sendo campións en dúas ocasións da Primeira Galicia e dúas veces campións da Copa dá Costa. E por último vin pa a SD Fisterra, fai 4 anos, e conseguimos ser campións de Primeira Galicia e na seguinte tempada o histórico ascenso a 3ª División e por ultimo esta Copa da Costa.

Porque decide retirarse?
Son xa moitos anos nisto do fútbol, practicamente toda a vida. E sempre con moita dedicación, moitos días da semana adestrando, todos os domingos de viaxe, que vos vou a contar que non saibades. E todo ten o seu fin. Este ano xa me costou seguir, xa que empecei a tempada máis tarde do normal, en novembro. A verdade é que desde que tiven o cativo cada vez cóstame máis coller o bolso e saír da casa, tanto polos adestramentos coma polos partidos. Penso que cada etapa da vida conleva unhas cousas e agora tócame estar coa familia e gozar dela xa que ou tempo pasa voando.

Deixa o fútbol definitivamente?
Teño pensado facer un descanso bastante longo, quizais nun futuro o mellor de adestrador, pero nun futuro moi lonxano.

Unha retirada moi especial, con titulo incluído?
A verdade non podo pedir mais, vin para o Fisterra porque sempre tiven ganas de defender esta camiseta. E que mellor maneira de facelo levando ao teu pobo a Terceira División e gañar unha Copa da Costa. É un soño feito realidade!

Os Rapacollóns con sorpresa incluída na final?
A nosa afección é unha cousa doutro mundo. Os xogadores non sabemos como agradecerlle aos Rapacollóns as cousas que fan por nós. Ríndome fronte a Bebeto e toda esa xente que non para de vir a animarnos cada domingo. É o xesto que tiveron comigo ao final, pois foi espectacular. Aínda que non sexa unha persoa que exprese moito as súas emocións a verdade é que tocou a fibra!!

O mellor e o peor?
O mellor esta claro que é os amigos que vas facendo polo camiño, tiven a sorte de estar nuns sitios que sempre tratáronme espectacularmente e portáronse moi ben comigo. O peor son as lesións, aínda que a verdade tamén portáronse moi ben comigo e nunca tiven ningunha importante, pero ves as dos compañeiros e tamén che doen.

Custará non volver saltar ao campo a vindeira tempada?
Penso que non, teño a decisión tomada e creo que nunha longa tempada non me acordarei do fútbol. Se mo permites, non quero despedirme sen dar as grazas sobre todo ao meu pai que tanto fixo por min, porque me gustase isto da pelota levándome a Santiago/Coruña e onde fixera falta varias veces por semana durante tantos anos, cantos quilómetros percorridos. Ao meu tío José de Ventanas tamén que sempre estivo aí. E despois cada etapa da túa carreira na que pasas por varios equipos sempre quedas con alguén de cada un deles. Por resumir e non estenderme mais darlle as grazas polo trato recibido e que aínda recibo de Manoliño, David Carreira, Pablo Conde, Cespón e Iago Castro, no Dumbría, e nesta última etapa, en Fisterra, pois como non o Tolo e os meus amigos Dani Rubia, Roa, Estrella, Pablo Lestón, Dani Yebra, Colombia, Capelo…. Mención especial para Makaay que en case 30 anos de fútbol que levamos ao lombo estivemos xuntos en todos os anos menos nun, meu irmán futbolístico. Moitas historias e vivencias que lembrar e contar. Perdoádeme aqueles que esquezo e grazas a Ferreiro e a Jorge Parri por todo o que facedes polo fútbol da Costa.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas