O conxunto ferrolán superou por 67-56 ao Hozono Global Jairis para adxudicarse a primeira vitoria no pavillón da Malata e a segunda na liga Feminina Endesa.
O primeiro cuarto comezou con moitas imprecisións por parte dos dous equipos e non foi ata máis aló dos tres minutos cando o marcador comezou a moverse a favor das visitantes. Respondían as de Lino López e a partir de aquí un intercambio de canastras das que saían vencedoras as visitantes con maior acerto no xogo interior para levar este cuarto por un axustado 10-13.
No segundo cuarto a situación continuou de maneira similar, con Evans dominando baixo o aro para as visitantes, que chegaron a marcharse de ata sete puntos, pero entre Gala Mestres e Julie Pospisilova lograban evitar a brecha aumentase e empezaron a recortar, chegando ao descanso novamente perdendo as locais de tres puntos co resultado de 26-29.
A partir do terceiro cuarto, a situación cambiou radicalmente. Un triplo de Mataix, outro de Pospisilova e unha canastra de dúas de Marta poñían ao Baxi por diante con cinco puntos arriba. As visitantes tiñan en Diarra á súa mellor baza facendo dano nas penetracións a canastra, pero as ferrolás respondían coa súa boa dinámica desde o exterior, facendo dano e deixando o resultado de 43-41.
Foi no último cuarto onde as ferrolás deron un golpe sobre a mesa cunha espectacular Gala Mestres botándose o equipo ás costas. As locais abrían unha boa brecha e a pesar de que o Jairis trataba de recortar, entre Gala Mestres e Anniina Aijanen evitaban calquera tipo de sorpresa co que chegariamos ao final do encontro con vitoria do Baxi Ferrol por 67-56.
Gala Mestres foi a xogadora máis anotadora do conxunto local e do partido con 19 puntos, mentres que polo Jairis foi Evans con 16 puntos.
RESULTADO: Baxi Ferrol 67- 56 Hozono Global Jairis
BAXI FERROL: Ángela Mataix (8), Julie Pospisilova (14), Rachel Howard (7), Marta Gómez (4) e Marianne Kalin (4); Claudia Soriano (2), Gala Mestres (19), Jessica Féquière (0), Anniina Aijanen (9) e Myah Selland (0).
HOZONO GLOBAL JAIRIS: Arrojo (0), Diarra (9), Ayuso (4), Rembiszewska (5), e Carter (5); Evans (16), Konig (6), Bettencourt (11) e Rueda (0).
CUARTOS: 10-13; 26-29 (16-16), 43-41 (17-12); 67-56 (24-15).
ÁRBITROS: Jorge Muñoz García, Juan Gabriel Carpallo Miguélez e Joan Fanes Marginet. Sinalaron 34 faltas, 16 a favor do Baxi Ferrol e 18 en contra.
INCIDENCIAS: Partido correspondente á cuarta xornada da Liga Endesa Feminina celebrado no pavillón de A Malata.