O Baxi Ferrol sumou a novena vitoria da tempada ante o Araski

As ferrolás levaron unha gran vitoria por 72-53 ante o Kutxabank Araski na 18ª xornada da Liga Feminina Endesa.

O Baxi protagonizou un gran arranque de partido, dominando desde o saque ata o final do cuarto. Comezou coa primeira posesión e canastra por obra de Howard, á que seguiu outra de Selland para poñer ás ferrolás con catro arriba. A propia Rachel Howard volvería anotar posteriormente un dos dous tiros libres e con cinco puntos de vantaxe chegaría a primeira do Araski desde a liña de tres con Hill como protagonista. O tempo transcorría e as ferrolás mostrábanse superiores dominando o marcador cun claro 12-3. O Araski lograba recortar ata poñerse catro por debaje, pero un triplo de Féquière volvía marcar a distancia. Con varios ataques frutíferos das locais, chegaríase ao final do cuarto cun 18-8 favorable ás ferrolás.

No segundo cuarto as cousas mantiveron o mesmo ritmo para as de Lino, cun Baxi moi dinámico en ataque e sólido nas tarefas defensivas. Chegaron ao ecuador do cuarto con once puntos arriba con Selland como máxima anotadora ata o momento con sete puntos na súa marcadora. Tras un minuto sen anotar por parte de ambos os conxuntos Féquière capturaba un bo rebote e sacaba unha falta que a levaba aos tiros libres onde anotaría un dos dous lanzamentos para poñer ao Baxi con doce arriba. O Araski contrarrestaba con canastra e tiro adicional que fallaba Brewer. O partido entraba nos segundos finais co último ataque para o Araski, pero non lograban anotar e o partido marchábase ao descanso con 30-20 a favor das ferrolás.

O partido renovouse coa primeira canastra para o Baxi coa mesma protagonista do primeiro cuarto, Rachel Howard, nun bo contraataque liderado pola americana e Ángela Mataix. O Araski recortaba catro puntos, pero Marta Gómez ampliaría a vantaxe ata os once ao anotar desde a liña de tres. O Baxi estaba a mostrar unha das súas mellores versións en ataque e en defensa que as levaba a falta de cinco minutos por xogarse a un marcador de 42-26. O Baxi non levantaba o pé do acelerador e metíalle un ritmo moi alto ao encontro, chegando ao último segundo do cuarto cunha gran canastra de Claudia Soriano sobre a bucina emulando á bomba Navarro para finalizar o cuarto con 56-34.

O Baxi saíu ao último cuarto cunha ampla vantaxe no marcador. O Araski buscaba unha remontada épica, aínda que as ferrolás mantiñan a distancia e non facían perigar o resultado. Coa metade do cuarto por disputarse, o Baxi ía 62-47 e Rachel Howard lograba anotar baixo o aro e posteriormente sacaba unha faltaba en ataque. As visitantes, máis intensas no tramo final, reducían a distancia a trece puntos con Hermida desde o triplo, pero tras varias boas accións en defensa das locais e recuperando a súa efectividade ofensiva, anotaban tres consecutivas para matar o partido definitivamente.

O tempo cumpriuse e o Baxi puxo fin a unha serie de dúas derrotas consecutivas levándose unha gran vitoria en casa ante o Kutxabank Araski por 72-53. Na próxima xornada as ferrolás xogarán de novo en casa, nesta ocasión recibindo ao Spar Girona.

RESULTADO: Baxi Ferrol 72-53 Kutxabank Araski

BAXI FERROL: Ángela Mataix (6), Rachel Howard (13), Marta Gómez (3), Myah Selland (15) e Marianne Kalin (2); Gala Mestres (9), Jessica Féquière (7), Julie Pospisilova (9), Claudia Soriano (2) e Anniina Aijanen (6).

KUTXABANK ARASKI: Aliaga (11), Hill (10), Van Den Adel (5), Gretter (3) e Seda (0); Txell (4), Hermida (10), Brewer (10), Burani (0), Seda (0).

CUARTOS: 18-8; 30-20 (12-12); 56-34 (26-14); 72-53 (16-19).

ÁRBITROS: Enrique Miguel López Herrada, Rodrigo Palanca Page e Héctor Sanhermelando García. Sinalaron 37 faltas, 21 cometidas polo Baxi Ferrol e 16 a favor.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á 18ª xornada da Liga Feminina Endesa celebrado no Pavillón de A Malata.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Berto, o “camero” do Somozas

Se xuntamos defensa e gol, lembramos ao camero Sergio Ramos, pero se engadimos Somozas, temos a Alberto Rodríguez Fernández, “Berto” (Ferrol, 2000), que se destapou