O Club Salvamento Acuático Laracha – SAL asinou unha notable participación no XIV Spanish Open Spring Championship, unha das citas de maior nivel do calendario estatal de salvamento e socorrismo, competindo con solvencia fronte a algunhas das mellores entidades do país.
A expedición do SAL estivo formada polos nosos deportistas Gabriela Paulos García, Iria Barreiro Matos, Juan Martín Rodríguez Lafuente, Lucía Añón Sánchez, Luis Negreira Mariño, Pedro Caamaño Verdía, Shaila Rodríguez Rodríguez e Sofía Mata López, xunto co noso adestrador, Borja, representando ao club nas categorías Xuvenil, Júnior e Absoluta.O campionato volveu evidenciar o crecemento deportivo da entidade, o compromiso colectivo do grupo e a boa liña de traballo desenvolvida ao longo da tempada.Pedro Caamaño, bronce de España e novo récord galego.
Un dos grandes resultados do campionato chegou da man de Pedro Caamaño Verdía, que acadou a medalla de bronce nacional na proba de 100 metros socorrista Xuvenil, subindo ao podio estatal tras unha actuación sobresaliente.Ademais, Pedro detivo o crono en 56:11, marca que supón novo récord galego, mellorando a anterior plusmarca autonómica de 58:47, vixente desde o ano 2019.O seu campionato completouse tamén con outros excelentes resultados individuais:
- 5º en 100 m. remolque con aletas
- 8º en 50 m. remolque
- 12º en 200 m. supersocorrista
Tamén destacou Lucía Añón Sánchez, que conseguiu clasificarse como 4º junior e con ese tempo logrou entrar a esixente Final B Absoluta de 100 metros socorrista, reservada unicamente aos mellores tempos globais do campionato, sen distinción de idade.Na categoría Júnior completou ademais un gran campionato cos seguintes resultados:
- 7ª en 50 m. remolque de maniquí
- 7ª en 100 m. remolque con aletas
- 8ª en 200 m. supersocorrista
Ampla presenza do SAL no Top 50 nacional
Máis alá dos principais resultados individuais, o Club SAL volveu demostrar fondo competitivo, situando a numerosos deportistas dentro do Top 50 nacional en diferentes probas.
Categoría Júnior
Iria Barreiro Matos
- 10ª en 100 m. socorrista
- 11ª en 100 m. remolque con aletas
- 18ª en 50 m. remolque
- 21ª en 200 m. supersocorrista
Luis Negreira Mariño
- 12º en 100 m. remolque con aletas
- 13º en 200 m. supersocorrista
- 20º en 100 m. socorrista
Juan Martín Rodríguez Lafuente
- 14º en 100 m. socorrista
- 16º en 100 m. remolque con aletas
- 19º en 200 m. supersocorrista
Gabriela Paulos García
- 21ª en 100 m. socorrista
- 23ª en 100 m. remolque con aletas
- 31ª en 50 m. remolque
Categoría Xuvenil
Shaila Rodríguez Rodríguez
- 10ª en 100 m. socorrista
- 20ª en 200 m. supersocorrista
- 26ª en 100 m. remolque con aletas
Sofía Mata López
- 13ª en 200 m. supersocorrista
- 23ª en 100 m. remolque con aletas
- 27ª en 100 m. socorrista
- 30ª en 50 m. remolque de maniquí
Bos resultados en remudas
O traballo colectivo tamén tivo reflexo nas probas por equipos, onde o SAL acadou posicións destacadas dentro do Top 10 nacional Júnior:
- 5ª posición en Lanzamento de corda feminino
- 5ª posición no 4×50 m. remuda socorrista mixta
- 6ª posición no 4×25 m. remuda remolque de maniquí feminina
- 7ª posición en Lanzamento de corda masculino
- 9ª posición no 4×50 m. remuda natación con obstáculos feminina
Clasificación xeral por clubs
Na clasificación por categorías, o Club Salvamento Acuático Laracha – SAL obtivo:
- 10º posto nacional en categoría Júnior
- 16º posto nacional en categoría Xuvenil
Apoio institucional clave
Desde o club quérese agradecer o respaldo fundamental das institucións que contribúen a facer posible este tipo de participacións, como son a Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia e o Concello da Laracha.O seu apoio permite que os nosos deportistas continúen medrando, adquirindo experiencia competitiva e aspirando a novos retos deportivos tempada tras tempada.
O valor das familias e da formación integral
O Club SAL quere recoñecer tamén a implicación constante de moitas familias, parte esencial do proxecto deportivo e humano da entidade.O seu compromiso diario contribúe á educación e acompañamento de todas as categorías, axudando a ofrecer aos nosos deportistas unha formación integral, baseada en valores como o esforzo, o respecto, a disciplina, o compañeirismo e a responsabilidade. Do mesmo xeito, as xeracións máis novas que veñen medrando dentro do club representan a esperanza de seguir avanzando e mellorando nos vindeiros anos.
Un club en continua evolución
Os resultados acadados en Castellón reafirman a boa evolución do Club Salvamento Acuático Laracha – SAL, que continúa competindo con solvencia ao máximo nivel e consolidándose como unha das entidades destacadas do salvamento deportivo galego.Para máis información, por favor contacte con: Club de Salvamento e Socorrismo de Laracha Correo electrónico: salvamentolaracha@gmail.com ou no teléfono 622790479.




