O día 26 de febreiro realizou a súa presentación nas redes sociais o Club Xuventude Laracha, entidade que se creou o pasado 9 de febreiro e que competirá a próxima tempada 2024/25 en Terceira Rexional.
Os primeiros comentarios da reitora son: «Só podemos dicir que traballaremos con toda ilusión e humildade para poder ofrecer un proxecto atractivo para todos os rapaces e rapazas do Concello da Laracha, para que sexan a pedra angular do clube».
Tampouco se esquecen: «Queremos agradecer a todas as empresas que nos están recibindo e apoiando en todo canto poden e a todas as persoas que se están interesando polo proxecto».
Conclúen os reitores do novo equipo de fútbol: «Sodes todos benvidos a formar parte desta familia Club Xuventude Laracha. Iremos compartindo máis información a medida que pasen os días.
Grazas por compartir esta ilusión connosco».
O novo equipo xogará no campo municipal da Laracha e a pretensión é crear equipos en todas as categorías.
Foto: Club Xuventude Laracha
Compartir:
Novas relacionadas

Charly: “Temos un moi bo equipo”
Carlos López Vilasánchez, “Charly” (Ares, 1996), chegou ao Somozas como un dianteiro con experiencia e eficacia na área. Formouse na base do Dépor e Racing,

Javi Rodríguez: “Levar o brazalete supón unha gran responsabilidade e un orgullo”
Javier Rodríguez Álvarez (A Barqueira, 1994), coñecido como Javi, é o corazón indomable do Cebarca, un home destinado a construír unha historia moi especial co

O Valdetires non levanta o pé do acelerador e golea ao Teidaya
O conxunto ferrolán continúa lanzado e prolongou a súa magnífica dinámica de resultados cunha contundente vitoria por 7-0 ante o Teidaya, nun encontro no que

Fernando Gundín: “Este ano afrontámolo con ilusión, creo que nos reforzamos ben”
Hai adestradores que dirixen un equipo e outros que constrúen unha identidade, espertan o orgullo do vestiario e converten os partidos en batallas nas que

O Valdetires asina unha noite máxica en Esteiro
As ferrolás de Manuel Lombardía asinaron un auténtico partidazo no pavillón de Esteiro e eliminaron a un equipo de Primeira División, o Aldelís Zaragoza, por
© Copyright 2021. BISBARRA EN XOGO | Desarrollado por Creatigal