O Concello acolleu unha reunión de traballo cos concellos coorganizadores da XXXVIII Carreira Popular – Volta á ría Memorial Adolfo Ros

O concelleiro de Deportes de Narón, Ibán Santalla, presidiu no Concello unha reunión de organización da “XXXVIII Carreira Popular-Volta á ría Memorial Adolfo Ros”, á que asistiron representantes políticos e técnicos do consistorio naronés e tamén dos de Ferrol, Neda e Fene, coorganizadores deste evento.

Santalla informou que a convocatoria se celebrará o vindeiro 1 de decembro o trazado discurrirá, como en anos anteriores, polos catro municipios. O concelleiro naronés indicou que no transcurso da xuntanza celebrada hoxe se abordaron diferentes cuestións vecelladas con esta media maratón, que se presentará oficialmente antes de que se abra o prazo de inscrición para poder participar na mesma.

Foto e información: Concello de Narón

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas