O Concello da Laracha realiza traballos de mantemento nos campos de fútbol e pistas de pádel municipais

O Concello está a levar a cabo nestas datas os traballos de mantemento e conservación dos terreos de xogo con céspede sintético das instalación deportivas municipais. Son obxecto das actuacións os campos de fútbol A Porta Santa de Paiosaco e Municipal da Laracha e as pistas de pádel.

As intervencións, que se levan a cabo con medios mecánicos, inclúen a limpeza da zona de xogo coa retirada de partículas superficiais, residuos e po acumulado, seguido dun tratamento de descompactado que permite manter as propiedades do terreo, optimizando a absorción dos impactos e a comodidade para os xogadores. No caso das pistas da pádel tamén se realizou unha aportación de area.

Estas tarefas son fundamentais para garantir o óptimo estado e prolongar a vida útil destes equipamentos deportivos, ademais de ofrecer aos usuarios unha experiencia de xogo máis segura e de maior calidade.

Para non interferir á actividade dos clubs de fútbol, que son os principais usuarios desas instalacións, os traballos estanse levando a cabo fóra do horario dos adestramentos, polo que non foi necesario suspender partidos nin sesións preparatorias.

Info e fotos: Concello da Laracha

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas