O PARRULO FERROL: Adri, MVP do Premio ao xogador máis regular ante CD Burela FS

O xogador logra a unanimidade nas votacións na estrea ligueira.

O Parrulo Ferrol empezaba o seu #CamiñoDePrimeira e facíao ao grande, logrando impoñerse por 6-4 ao CD Burela FS. Unha tempada máis, nos partidos que se celebran no Pavillón da Malata realízanse as votacións para o Premio a xogador máis regular de O Parrulo Ferrol.

Nesta tempada mantense o sistema de votación, no que participan cinco medios de comunicación presentes no partido, valorando con 3 puntos, 2 puntos e 1 punto aos tres mellores xogadores de O Parrulo Ferrol, que se suman á votación que realiza a afección a través da enquisa que se publica nas redes sociais do club ao finalizar o partido e que contan como o sexto voto. Neste partido, participaron representando aos medios de comunicación Ferrol360, LFM Fútbol, Bisbarra en Xogo, Sexto Anillo e Galicia Ártabra Digital.

Nesta primeira votación da tempada, Adri logrou a unanimidade dos votos dos medios de comunicación e do público, ao conseguir os 18 puntos posibles, seguido de Pedro, Rubén Orzáez, Iván Rumbo, Hélder e Wilson Francia. Ademais, na votación do público produciuse un empate no segundo posto entre Pedro e Wilson Francia, polo que ambos reciben dous puntos.

Na clasificación xeral Adri, que xa conseguiu este galardón na tempada 2019-2020 e na 2021-2022, ponse no máis alto da táboa, con estes 18 puntos; seguido de Pedro con 6 puntos, pechando o pódium Rubén Orzáez e Iván Rumbo, ambos con 4 puntos.

Top 3 das votacións do público:

1º Adri: 80,8% dos votos – 3 puntos

2º Pedro: 5,4% dos votos – 2 puntos

2º Wilson Francia: 5,4% dos votos – 2 puntos

Clasificación do partido ante CD Burela FS e primeira xeral do premio ao xogador máis regular:

1º Adri 18 puntos

2º Pedro 6 puntos

3º Rubén Orzáez 4 puntos

3º Iván Rumbo 4 puntos

5º Hélder 3 puntos

6º Wilson Francia 2 puntos

Información: O Parrulo Ferrol

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas