O PARRULO FERROL: Adri, MVP do Premio Hyundai ao xogador máis regular ante Sala 5 Martorell

O xogador logra por terceira vez na tempada esta distinción.

O Parrulo Ferrol volvía xogar o pasado sábado diante da súa afección ante Sala 5 Martorell. Como é habitual, nos partidos que se celebran no Pavillón da Malata realízanse as votacións para o Premio a xogador máis regular de O Parrulo Ferrol, outorgado por Hyupersa Finisterre Motor.

Nesta tempada mantense o sistema de votación, no que participan cinco medios de comunicación presentes no partido, valorando con 3 puntos, 2 puntos e 1 punto aos tres mellores xogadores de O Parrulo Ferrol, que se suman á votación que realiza a afección a través da enquisa que se publica nas redes sociais do club ao finalizar o partido e que contan como o sexto voto. Neste partido participaron representando aos medios de comunicación Ferrol360, La Voz de Galicia, Diario de Ferrol, Bisbarra en Xogo e Galicia Ártabra Digital.

Nesta sexta votación da tempada Adri conseguía ser o máis valorado, por terceira vez, ao obter 13 puntos; seguido de Rubén Orzáez, con 9 puntos, nun partido onde tamén recibiron puntos Kevin Chis, Coro, Pedro e Turbi. Na clasificación xeral, Adri continúa no máis alto, agora con 65 puntos; seguido de Rubén Orzáez, con 40 puntos e completa o pódium Pedro, con 33 puntos.

Top 3 das votacións do público:

1º Rubén Orzáez: 54,3% dos votos – 3 puntos

2º Adri: 21% dos votos – 2 puntos

3º Turbi: 8% dos votos – 1 punto

Clasificación do partido ante Sala 5 Martorell:

1º Adri 13 puntos

2º Rubén Orzáez 9 puntos

3º Kevin Chis 6 puntos

3º Coro 6 puntos

5º Pedro 1 punto

5º Turbi 1 punto

Clasificación xeral do premio ao xogador máis regular de Hyupersa Finisterre Motor:

1º Adri 65 puntos

2º Rubén Orzáez 40 puntos

3º Pedro 33 puntos

4º Iván Rumbo 25 puntos

5º Coro 22 puntos

6º Hélder 17 puntos

7º Kevin Chis 10 puntos

8º Wilson Francia 2 puntos

8º Keita 2 puntos

10º Turbi 1 punto

Info e foto: O Parrulo Ferrol

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Lucía Rivas: de verde a laranxa

Lucía Rivas finalizou a súa etapa no conxunto verde do Valdetires para enfundarse o laranxa dun Viaxes Amarelle no que compartirá vestiario con coñecidas como

Álex Permuy: cumprindo un soño

Falar de Smash Padel 4 é falar do seu fundador Álex Permuy e unha vida plenamente dedicada ao deporte, coñecido polo seu pasado futboleiro (Numancia