Un bo Racing suma os tres puntos e conquista a segunda vitoria consecutiva tras superar ao Linares Deportivo por 2-0.
O Racing comezou o partido con dominio do balón, tratando de abrir á defensa rival e lograr espazos para xerar oportunidades, aínda que o Linares xuntaba ben as liñas e non permitía aos locais chegar con perigo.
No minuto 18’ a cousa cambiaría cun bo pase ao espazo para Carlos Vicente, que tras unha boa xogada individual, pasaba o balón atrás onde primeiro Manzanara dispara, rexeitaba Ernestas e Joselu remataba a gol para poñer ao Racing por diante. Este gol cambiaba o partido, pois o Racing volvía a chegar con perigo no 19’ cunha dobre ocasión de Luis Chacón e Joselu, pero o balón marchaba alto.
No 33’, o Racing estivo cerca do 2-0 cunha boa condución de Luis Chacón, que filtrou un pase para Héber e a defensa rival cortou o balón cando chegaban Joselu e Carlos Vicente ao remate.
Co 1-0 chegamos ao descanso, cun Racing que non pasou perigo nos primeiros 45 minutos e xerou ocasións e bo xogo.
Na segunda metade os minutos pasaban sen ocasións claras para ambos os dous equipos, aínda que o Racing levaba a iniciativa.
Luis Chacón tivo unha boa ocasión cun lanzamento de falta no 58’ que marchou por encima da portería por moi pouco.
O Racing buscaba o segundo e o encontro no 69’ tras un lanzamento de esquina que remataba Quique Forno para poñer aos ferroláns con dous de vantaxe.
O propio Fornos estivo preto de anotar o terceiro do Racing tras un saque de falta que remataba de cabeza fóra por moi pouco.
O marcador non moveríase máis e o Racing sumaría os tres puntos ante un dos rivais que están a loitar por postos de ascensos, sumando a segunda vitoria consecutiva.
RESULTADO: 2-0
RACING CLUB FERROL: Gazzaniga, Bourdal, Pascual, Fornos, Bernal, Héber (Jardí 55’), Luis Chacón (Padilla 69’), Manzanara (Álex López 87’), Brais, Carlos Vicente (Del Pozo 69’) e Joselu (Manu Justo 69’).
LINARES DEPORTIVO: Ernestas, Iván, Lolo González, Hugo Díaz (Alfonso 60’), Fran (Fermín 60’), Samu Corral, Javi Duarte (Viaña 60’), Caro (Cañete 76’), Aitor, Fran Callejón (Rodri 76’) e Sancrís.
GOLES: 1-0 Joselu (18’) e 2-0 Quique Fornos (69’).
ÁRBITROS: Francisco García Riesgo, os asistentes Pelayo Buergo González e Javier Gómez Gago e de cuarto árbitro Juan Luis Dávila Fernández.
AMOESTACIÓNS: Amarelas aos locais Bernal (24’), Manzanara (66’) e vermella ao delegado de campo Míchel Feal (81’) e amoestado o visitante Iván (86’).
INCIDENCIAS: A Malata acolleu a 3000 espectadores na 15ª xornada da Primeira Federación onde se gardou un minuto de silencio en memoria da racinguista Josefa López García, «Doña Fina».