Reparto de puntos no partidazo entre O Parrulo e Sala 10 Zaragoza, ambos os dous conxuntos en postos de playoff, co resultado de 5-5 na 26ª xornada da Segunda Federación Futsal.
O quinteto de Juanma Marrube estivo formado por Coro, Hélder, Adri, Novoa e Wilson Francia, mentres que os de Jorge Palos saíron con Iván Bernad, Villanueva, Mateo Flores, Carlos García e Adri Ortego.
No primeiro minuto O Parrulo gozou dunha boa oportunidade tras filtrar Adri un pase a Rubén Orzáez, que superaba a Bernad no man a man e a defensa sacaba o balón baixo a portería.
Os minutos pasaban e os ferroláns dispuxeron doutra boa oportunidade, esta vez nas botas de Adri que tras regatear a dous rivais, disparaba moi forte a escuadra e Bernad lograba rexeitar a saque de esquina. Tras o saque, de novo Adri disparaba, o balón tocaba en Keita e non entrou por pouco.
Os de Marrube apretaban buscando o primeiro tanto da tarde e outra boa xogada dos locais, esta vez por obra de Iván Rumbo, rozaba o gol, pero de novo Bernad estaba moi seguro. Na seguinte xogada, Iván Rumbo non fallaría e marcaría tras un forte disparo imparabale a escuadra da portería defendida por Bernad.
Os visitantes rozaron o empate tras un disparo de Carlos Garcia, pero Domingos lograba rexeitar cunha boa acción defensiva.
No ecuador do encontro, Adri superaba a Ortego no un contra un, pero o seu disparo o rexeitaba Bernad. Tras esta acción, Adri marcaría o segundo tanto dos ferroláns cun forte disparo a escuadra.
O Sala 10 Zaragoza apretaría con Ortego como porteiro-xogador e lograría recortar distancias co tanto de Richi Felipe tras aproveitar un rexeite. A falta de cinco minutos para o final da primeira metade, os visitantes empatarían o encontro cun gol de espuela de Villanueva.
O resultado non se movería máis e chegaríamos ao descanso con empate 2-2 nun encontro moi disputado entre ambos os dous conxuntos.
O segundo tempo arrincou con dominio dos visitantes, que asediaban a portería de Coro. Os galegos defendían ben e pouco a pouco recuperaban o control do xogo.
Wilson Francia disparaba buscando o terceiro e Bernad rexeitaba a saque de esquina. Tras o saque, Wilson Francia esta vez non perdoaría e lograría o terceiro para os ferroláns.
Os visitantes empatarían pronto o encontro tras unha boa xogada entre Mateo Flores e Richi Felipe, anotando este último o gol de empate tras superar a Coro. O Zaragoza daría a volta ao resultado co cuarto tanto, obra de Adrián Rivera, ao superar a Coro cun disparo por baixo desde dentro da área.
Os visitantes quedaban cun menos temporalmente pola expulsión de Mateos Flores e O Parrulo aproveitaría a superioridade numérica para emaptar o encontro co tanto de Domingos cun disparo raso.
O Sala 10 Zaragoza, con igualdade numérica, volvería a poñerse por diante tras marcar Richi Felipe ao rematar un pase tras un saque de falta.
Os galegos buscaban o empate presionando moi alto e Domingos tivo unha boa oportunidade cun disparo desde dentro de área que se marchou alto.
Os ferroláns lograrían empatar o encontro a falta de 1 minuto tras un saque de falta de Adri, que pasou a Domingos e fusila a portería rival desde fóra da área.
Ao final, empate 5-5 e reparto de puntos entre os dous conxuntos que están en postos de playoff para o ascenso.
RESULTADO: O Parrulo Ferrol 5-5 Sala 10 Zaragoza
O PARRULO: Coro, Hélder, Adri, Novoa e Wilson Francia; tamén xogaron Keita, Iván Rumbo, Domingos e Charly.
SALA 10 ZARAGOZA: Iván Bernad, Villanueva, Mateo Flores, Carlos García e Adri Ortego; tamén xogaron Rivera, Carlos Retamar, Richi Felipe, Tomás Pescio, Dani Álvarez, David Yera e Alberto Inés.
GOLES: 1-0 Iván Rumbo (5′), 2-0 Adri (11′), 2-1 Richi Felipe (12′), 2-2 Villanueva (15′), 3-2 Wilson Francia (21′), 3-3 Richi Felipe (23′), 3-4 Adrián Rivera (25′), 4-4 Domingos (29′), 4-5 Richi Felipe (29′) e 5-5 Domingos (38′).
ÁRBITROS: Iván López e Brian Torquemada. Amoestou dos locais a Novoa, Orzáez, Iván Rumbo e Hélder e dos visitantes a Villanueva Adri Ortego e expulsou a Mateos Flores.
INCIDENCIAS: Partido correspondente á 26ª xornada da Segunda División no Pavillón de A Malata.