O Racing de Ferrol levou os tres puntos ante o San Fernando CD tras vencer por 3-1 nun gran encontro dos ferroláns e cuns minutos finais épicos.
Os de Cristóbal Parralo arrincaron o partido co once formado por Gazzaniga, Quique Fornos, David Castro, Enol Coto, Brais Martínez, Jesús Bernal, Fran Manzanara, Luis Chacón, Héber, Carlos Vicente e Manu Justo, mentres que os de Pablo Alfaro formaron con Perales, Recio, José Carlos, Farrando, Lanchi, Ilyas, Daniel Molina, Ramos, Biabiany, Gabri e Aquino.
O partido empezou da mellor maneira para os ferroláns, adiantándose no primeiro minuto de xogo tras un saque de esquina lanzado por Héber e que remataba de cabeza Fran Manzanara para facer o 1-0 .
O San Fernando empataría catro minutos despois tras unha falta lanzada por Ramos, tocaba José Carlos de cabeza e Aquino axustaba, tamén de cabeza, axustado ao pau da portería defendida por Gazzaniga.
No 19′ o Racing tivo unha boa oportunidade tras filtrar Enol Coto un pase para Manu Justo, que remataba a portería e Perales rexeitaba cunha boa parada. De novo, no 24′, o Racing rondou o gol tras unha internada pola banda de Carlos Vicente e deixar un bo pase en liña de gol para Manu Justo, pero o atacante local non logrou rematar.
O Racing dominaba o encontro e no 26′ volvería a ter unha boa oportunidade tras unha boa xogada de Carlos Vicente que levaba o balón con habilidade e o seu disparo o rexeitaba Perales con outra gran intervención.
O partido marchou ao descanso con empate 1-1, cun Racing que gozou de varias oportunidades para ir por diante, pero que os ferroláns perdoaron.
O segundo tempo arrincou con dous cambios no conxunto dirixido por Pablo Alfaro, marchando do campo Recio e Lanchi, e entrando Alfonso e Luis Ruiz.
No 52′ Parralo movería o banquillo coa entrada de Álex López e Jorge Padilla por Bernal e Carlos Vicente.
O Racing tivo unha gran oportunidade de poñerse por diante tras unha falta lanzada por Héber e que remataba de cabeza David Castro, pero Perales volvería a facer unha gran parada la liña de gol.
O Racing movería de novo o banquillo no 73′ coa entrada de Jaume Jardí e Manel Martínez por Luis Chacón e Manu Justo e os de Alfaro cambiarían no 75′ ao autor do tanto visitante, Aquino, por Bicho.
O Racing apretaba e buscaba o tanto da vitoria, pero o San Fernando tapaba ben os espazos. Parralo fixo outro cambio e deu entrada a Pep Caballé por Héber no 85′. Pablo Alfaro tamén movería o banquillo dando entrada a Rafa Páez por Gabri no 88′.
Loitaba o Racing pola vitoria e no 89′ tivo o premio por medio de Manel Martínez, que roubaba un pase atrás da defensa e quedaba só ante Perales e non fallaba.
Con todo estadio cantando, chegou o terceiro do Racing no 91′ nunha contra na que quedaban tres contra un, Brais Martínez deixaba o balón para Jaume Jardí e superaba a Perales para sentenciar o encontro.
Ao final, o Racing sumou os tres puntos nun partido no que os ferroláns foron moi superiores en xogo e ocasións e lograron levarse o encontro nos minutos finais.
RESULTADO: Racing 3-1 San Fernando
RACING CLUB FERROL: Gazzaniga, Quique Fornos, David Castro, Enol Coto, Brais Martínez, Jesús Bernal (Álex López 52′), Fran Manzanara, Luis Chacón (Jaume Jardí 73′), Héber (Pep Caballé 85′), Carlos Vicente (Jorge Padilla 52′) e Manu Justo (Manel Martínez 73′).
SAN FERNANDO CD: Perales, Recio (Alfonso 45′), José Carlos, Farrando, Lanchi (Luis Ruiz 45′), Ilyas, Daniel Molina, Ramos, Biabiany, Gabri e Aquino (Bicho 75′).
GOLES: 1-0 Fran Manzanara (1′), 1-1 Aquino (5′), 2-1 Manel Martínez (89′) e 3-1 Jaume Jardí (91′).
ÁRBITROS: Antonio Alberola Rojas como principal, Mario González Roldán e Pelayo Buergo González como asistentes e Sergio Álvarez Ordóñez como cuarto.
TARXETAS: Amoestaron ao local Brais Martínez (17′) e aos visitantes Lanchi (28′), Recio (34′), Ramos (53′) e Luis Ruiz (66′).
INCIDENCIAS: Partido correspondente á 30ª xornada da Primera Federación disputada no estadio A Malata cunha asistencia de 6000 afeccionados.