O Racing de Ferrol e o RC Deportivo La Coruña empatan sen goles no derbi galego de Primeira Federación nun partido con moita intensidade e ante un estadio da Malata cheo que vibrou ata o último minuto.
O once inicial de Crístóbal Parralo estivo formado por Gazzaniga, Quique Fornos, David Castro, Jon García, Brais Martínez, Fran Manzanara, Álex López, Jesús Bernal, Carlos Vicente, Héber Pena e Manu Justo, mentres que Óscar Cano apostou por Mackay, Antoñito, Martínez, Rubén, Carnero, Svensson, Villares, Jaime, Mario, Lucas Pérez e Quiles.
O partido, como era de esperar, arrincou con moita intensidade, co Racing presionando moi arriba. Aos cinco minutos, o Racing tivo unha falta a favor preto do área deportivista, pero o disparo de Héber marchou alto.
Aos doce minutos, Brais Martínez roubou o balón nunha boa acción defensiva, deixou para Manu Justo, que devolveu o balón a Brais, pasao atrás para Álex López e o disparo marchou fóra por pouco.
No 22′, unha boa xogada colectiva do Dépor chegaba ata as botas de Quiles, que disparaba con rosca buscando o pau longo de Gazzaniga, pero o disparo marchaba moi desviado.
No 43′ o Racing tivo a ocasión máis clara do encontro. Héber marcaba tras un centro de Carlos Vicente, pero o árbitro anulaba o tanto por mano previa de Héber. Tras esta ocasión, o partido marchaba ao descanso con empate 0-0.
Na segunda metade Carlos Vicente remataba de cabeza alto no primeiro minuto tras un saque de esquina lanzado por Héber.
O partido estaba roto con moitos espazos. O Dépor tivo unha boa oportunidade nas botas de Quiles, pero rematou frouxo dentro da área as mans de Gazzaniga.
No 60′ Héber marchou de dos xogadores contrarios, pero o seu remate marchou moi lonxe da portería defendida por Mackay.
No 61′ Parralo deu entrada a Jorge Padilla por Álex López e no 64′ Óscar Cano tamén movería o banquillo dando entrada no campo a Olabe por Rubén.
No 65′ Quique Fornos filtrou un bo balón a Carlos Vicente, que puxo o balón por raso buscando o segundo pau, pero Antoñito salvou a ocasión no último instante.
No 71′ dobre cambio do Racing coas entradas de Jaume Jardí e Manel Martínez por Héber e Manu Justo. Un minuto despois o Dépor también realizaría un cambio, entrando Arturo por Svensson.
O Dépor tivo un gran oportunidade no 76′ tras un erro de Manzanara, perde o balón ante Villares, que erra o man a man ante un gran Gazzaniga que tapa moi ben, e no rexeite Arturo envía fóra.
No 88′ o Dépor volveu a mover o banquillo coas entradas de Salazar e Yeremay por Mario Soriano e Quiles.
Ao final, tras catro minutos de engadido, o árbitro pitaría o final do encontro co empate 0-0 no derbi galego nun encontro en que o Racing foi superior.
RESULTADO: Racing 0-0 Dépor
RACING CLUB FERROL: Gazzaniga, Quique Fornos, David Castro, Jon García, Brais Martínez, Fran Manzanara, Álex López (Jorge Padilla 61′), Jesús Bernal, Carlos Vicente, Héber Pena (Jaume Jardí 71′) e Manu Justo (Manel Martínez 71′).
RC DEPORTIVO LA CORUÑA: Mackay, Antoñito, Martínez, Rubén (Olabe 64′), Carnero, Svensson (Arturo 72′), Villares, Jaime, Mario (Salazar 88′), Lucas Pérez e Quiles (Yeremay 88′).
ÁRBITROS: Fernando Román Román como principal, Rubén Díez Díez e Javier Gómez Gago como asistentes e Enrique Gao Aladro como cuarto.
TARXETAS: Amoestaron dos locais ao Quique Fornos (28′), Héber (43′), David Castro (58′) e Carlos Vicente (91′) e dos visitantes a Rubén (39′), Antoñito (48′), Villares (80′) e expulsou a Carnero por dobre cartón (86′ e 93′).
INCIDENCIAS: Partido correspondente á 32ª xornada da Primera Federación disputada no estadio A Malata cunha asistencia de 9221 afeccionados.