O PARRULO FERROL: Terceira vitoria consecutiva

Os ferroláns lograron a terceira vitoria consecutiva tras un gran partido ante o Bisontes Castellón aos que venceron co resultado de 7-3.

O Parrulo formou con Coro, Hélder, Novoa, Adri e Kevin Chis, mentres que os visitantes saíron con Marcos, David, Vargas, Gambín e Titín. Os ferroláns comezaron co dominio do xogo en busca da terceira vitoria consecutiva e pronto abriron o marcador cun gran disparo a media altura e cruzado de Adri ao minuto de comezo.

Tras varias ocasións locais nas botas de Novoa e Chis, chegou o segundo dos ferroláns cun disparo raso de Rubén Orzáez que entraba axustado ao pau da portería defendida por Marcos.

Os de Marrube estaban a ser un vendabal en posesión e oportunidades e o terceiro chegaría por medio de Adri tras unha gran xogada individual e posterior disparo cruzado ante o que nada puido facer Marcos.

Novoa estaría preto de lograr o cuarto tras unha xogada colectiva ao primeiro toque entre Adri, Wilson Francia e o propio Novoa, pero o porteiro visitante lograba rexeitar o disparo.

Os rivais buscaban o primeiro na súa conta, pero O Parrulo seguía rozando o cuarto con chegadas perigosas de Charly e Rubén Orzáez. O xogador visitante, Beto, gozaría dunha boa oportunidade que Coro lograba rexeitar e na posterior contra local Wilson Francia estivo preto de anotar o cuarto, pero Marcos tapaba ben baixo os paus. E foi o propio Marcos quen anotaría o gol visitante tras un gran disparo axustado desde o centro da pista.

Tras un gran primeiro tempo dos locais, o encontro marchouse ao descanso co resultado de 3-1.

Na reanudación do encontro, os de Marrube comezaban mandando, presionando  saída dos visitantes e probando con disparos desde fóra da área. Os visitantes gozaron dunha boa oportunidade nas botas de Ramón estrelando o balón no pau.

O Parrulo respondía minutos despois cunha gran xogada de Rubén Orźaez que rexeitaba Marcos a saque de esquina. Tras o saque, Wilson asinaba o cuarto para os locais ao rematar de cabeza.

Os locais lograrían o quinto cunha gran xogada na que Orźaez pasaba o balón para Chis, que deixaba de primeiras de tacón para que Iván Rumbo fusilara tamén de primeiras a Marcos.

O Bisontes Castellón reduciría as distancias co tanto de Ramón, que estaba a xogar como porteiro – xogador e marcaba desde fóra da área. O Parrulo, novamente respondería tras un roubo de balón no que Hélder remataba sen porteiro para facer o sexto dos ferroláns.

Un minuto despois o propio Hélder case repite o mesmo tanto, pero o balón pegaba no pau. O que non ía faiar na seguinte xogada sería Iván Rumbo, que marcaría o sétimo cun forte disparo cruzado dentro da área.

A falta de 11 segundos, os visitantes lograrían o terceiro na súa conta particular por medio de Ramón tras un bo remate raso.

Ao final, os de Marrube sumarían a terceira vitoria consecutiva e confirmarían o bo momento que atravesan neste tramo final de tempada, consolidándose entre os postos para loitar polo ascenso.

RESULTADO: O Parrulo Ferrol 7-3 Bisontes Castellón

O PARRULO: Coro, Hélder, Adri, Novoa e Kevin Chis; tamén xogaron Rubén Orzáez, Keita, Iván Rumbo, Charly, Wilson Francia e Pansi.

BISONTES CASTELLÓN: Ferreyra, David, Ramón, Gambín e Titín; tamén xogaron Eric Castillo, Beto, Lorca, Mauro, Toni e Malawy.

GOLES: 1-0 Adri (1′), 2-0 Rubén Orzáez (3′), 3-0 Adri (4′), 3-1 Marcos (17′), 4-1 Wilson Francia (23′), 5-1 Iván Rumbo (30′), 5-2 Ramón (32′), 6-2 Hélder (35′), 7-2 Iván Rumbo (36′) e 7-3 Ramón (39′).

ÁRBITROS: Kepa Díez e Xabier Huarte. Amoestou a Iván Rumbo, mentres que polos visitantes amoestou a Mauro, Beto.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á 24ª xornada da Segunda División no Pavillón de A Malata.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Trofeos Bisbarra en xogo 2024/25

Unha tempada máis, Bisbarra en xogo xunto a varios dos nosos patrocinadores, anunciamos os trofeos que entregaremos ao final da presente campaña. EDICIÓN BERGANTIÑOS, ARTEIXO,