O Racing remontou ante o Algeciras CF e levouse a vitoria por 2-1 que lles permite subir ata a cuarta posición.
Parralo formou no once inicial ante o Algeciras a Gazzaniga, Aitor Pascual, Jon García, David Castro, Enol Coto, Fran Manzanara, Jesús Bernal, Héber Pena, Carlos Vicente, Luis Chacón e Manu Justo.
Os ferroláns tiveron unha boa ocasión nos primeiros minutos de xogo tras unha boa xogada colectiva que terminaba en pase de Luis Chacón para Manu Justo e no último instante rexeitaba a defensa rival. Pero sería o Algeciras quen golpeara primeiro tras un penalti cometido por Gazzaniga ao derribar a Roni. Álvaro poñería o 0-1 ao trasformar a pena máxima.
O Racing rozou o empate no 21 tras unha falta lanzada por Héber, peina David Castro e Rubén Miño rexeita cunha gran parada por abaixo. No minuto 35 os locais non fallarían tras un gran pase filtrado de Jon García a Carlos Vicente, que deixaba atrás para que Manu Justo rematara de primeiras e puxera o 1-1 no marcador.
Co empate, ambos os dous conxuntos marcharon ao descanso. O Racing dominaba o partido e merecía un mellor resultado.
Tras a reanudación, o Racing daba a volta ao marcador cunha gran xogada de Carlos Vicente pola banda e que deixaba un pase atrás para que Luis Chacón marcara o segundo dos ferroláns.
Gazzaniga faría unha gran parada nun córner no que o porteiro local detiña o balón sobre a liña de gol. O Racing pouco a pouco defendia o resultado ante un Algeciras que presionaba moi alto buscando o empate.
No 85′ David Castro disparou desde o seu campo e case sorprende a Rubén Miño, que tivo que facer unha boa intervención para evitar o gol racinguista.
Ao final, o Racing levaría a vitoria tras unha gran primeira parte e un gran inicio da segunda. Os ferroláns agora mesmo son cuartos na clasificación da Primeira Federación con 46 puntos.
RESULTADO: Racing 2-1 Algeciras CF
RACING CLUB FERROL: Gazzaniga, Aitor Pascual, Jon García (Quique Fornos 69′), David Castro, Enol Coto, Fran Manzanara (Álex López 66′), Jesús Bernal, Héber Pena (Jorge Padilla 82′), Carlos Vicente (Jaume Jardí 82′), Luis Chacón (David del Pozo 69′) e Manu Justo.
ALGECIRAS CF: Rubén Miño, Benítez (Ferni 45′), Van Rijn, Amoah, Iván (Rodrigo 67′), Roni, Álvaro (Sidiki 82′), Elejalde, Mario Ortiz (Borja Fernández 39′), Albarrán e Mena (Serrano 67′).
GOLES: 0-1 Álvaro (5′ penalti), 1-1 Manu Justo (35′) e 2-1 Luis Chacón (48′).
ÁRBITROS: Alfonso Vicente Moral como principal, José María Madrigal Pérez e Miguel Murciego Cabezas como asistentes e Javier Figueirido Comesaña como cuarto.
TARXETAS: Amoestaron aos locais Gazzaniga (4′), Fran Manzanara (58′), Aitor Pascual (87′) e Padilla (89′), e aos visitantes Iván (12′), Roni (19′), Benítez (25′), Mario Ortiz (38′), Ferni (64′) e Amoah (75′).
INCIDENCIAS: Partido correspondente á 26ª xornada da Primera Federación disputada no estadio A Malata cunha asistencia de 3500 afeccionados.
Compartir:
Novas relacionadas

O Baxi Ferrol comeza a pretempada con festa e cen puntos
O Baxi Ferrol xa puxo a maquinaria en marcha e fíxoo cunha vitoria contundente ao impoñerse ao Maristas por 101-45 na 26ª edición do Torneo

O Parrulo pecha a pretempada con boa nota ante o Noia
O Parrulo Ferrol asinou con boa nota o seu último test de pretempada ao superar por 3-2 o Noia Portus Apóstoli nun bonito derbi disputado

Daniel Remuiñán apunta á zona alta no Rallye Terra de Galicia
O piloto da Laracha sae a medirse cos mellores do Campionato de España de Ralis de Terra tras a súa vitoria en Portas. Daniel Remuiñán

Caión Games 2026: surf, snowboard, música e cultura de táboas nun evento único en Europa
A praia das Salseiras, en Caión, acollerá o vindeiro sábado 5 de setembro a quinta edición de Caión Games, un evento único en Europa que

O CB Costa Ártabra inicia unha nova etapa con Pepo Fernández como presidente
O club ferrolán inicia unha nova etapa con Pepo Fernández como presidente, á fronte dun renovado equipo directivo que combinará novas incorporacións con persoas que
© Copyright 2021. BISBARRA EN XOGO | Desarrollado por Creatigal