O Parrulo vence e convence

Primeiros tres puntos para O Parrulo tras vencer no pavillón da Malata ao UD Ibiza por 6-2 na segunda xornada da Segunda División Futsal.

Bonito duelo o protagonizado entre o conxunto dirixido por Gallego, que formou con Coro, Iván Rumbo, Rubén Orzáez, Adri e Charly, e os de José Fernández, que saíron co quinteto inicial con Ferreyra, Saúl Marrupe, Charly, Buitre e Iker.

Arrincaron forte os ferroláns, presionando a saída dos rivais e dominando o xogo. Aos dous minutos Adri disparaba ao traveseiro tras un saque de falta indirecto e tres minutos despois chegaba o primeiro tanto local tras unha boa condución de Novoa, que marcha do seu marcador, combina con Moñino nunha bonita parede ao primeiro toque e supera a Ferreyra no man a man.

Co gol local o Ibiza reaccionou e comezou a chegar ata as inmediacións de Coro buscando o empate con disparos desde lonxe pero con pouco acerto. Ixemad gozou dunha oportunidade moi clara cun forte disparo cruzado que golpea no pau e o rebote termina nas mans de Coro.

A seis minutos do final do primeiro tempo o conxunto visitante empatou nunha xogada polémica na que o balón sae fóra pola banda pero o colexiado non o sinala e Orellana iguala o encontro rematando no segundo pau.

Co partido empatado, o partido colleu outro ritmo de ida e volta con oportunidades en ambas as dúas oportunidades. O Parrulo tivo o segundo nas botas de Adri cun disparo do capitán ferrolán que marchou fóra por moi pouco, e posteriormente Negro rozou o gol nun man a man que Ferreyra logrou rexeitar. Pero a falta de un segundo para rematar a primeira metade, o colexiado sinalou penalti e Adri non fallou, enganando ao porteiro rival e marchando aos vestiarios co resultado de 2-1.

No segundo tempo, nada más comezar o encontro, O Parrulo ampliou a vantaxe tras un saque de esquina e Charly remata de volea superando a Ferreyra para poñer o 3-1 no marcador. Tras o tanto, o Ibiza lanzouse ao ataque e tivo unha oportunidade moi clara cun disparo que toca Coro e Rumbo saca na mesma liña de gol. Os locais responderon cun forte disparo de Adri que rexeitou Ferreyra cunha espléndida parada.

Os minutos pasaban e o partido estaba moi dinámico. Os locais buscaban sentenciar o encontro e os visitantes recortar distancias. Os visitantes dispararon ao traveseiro e os ferroláns respondían con disparos de Orźaez, Charly e Adri. Foi precisamente o omnipresente capitán de O Parrulo quen logrou o cuarto tanto tras marchar do seu marcador e superar cun forte disparo cruzado a media altura a Ferreyra.

O Ibiza, sen nada que perder, saíu con porteiro-xogador en busca de meterse no partido se lograban un gol, pero o que estivo preto de sentenciar foi O Parrulo tras roubar Charly un balón e disparar desde o seu campo, marchando fóra por moi pouco. Os visitantes encontrarían o premio a falta de oito minutos cun disparo raso e cruzado de Buitre ante o que nada puido facer Coro.

O partido estaba a ser moi disputado co Ibiza lanzado ao ataque e O Parrulo agardando roubar o balón para aumentar de novo a distancia, e foi así como chegou o quinto tanto ferrolán tras levarse o balón Rubén Orźaez, conducir pola banda e disparar desde lonxe á meta visitante sen porteiro defendendo baixo os paus. Os de Gallego repetirían minutos máis tarde cando Charly rouba o balón e marca a pracer o sexto tanto local.

Co resultado de 6-2, O Parrulo adxudicouse unha merecida vitoria e suma os primeiros puntos da tempada nesta segunda xornada disputada no pavillón da Malata e ocupa a noveno posto na clasificación con tres puntos. Na próxima xornada os de Gallego visitarán o Vista Alegre para disputar o derbi ante o Pescados Rubén Burela ás 18:45 horas do sábado día 7 de outubro.

O PARRULO: Coro, Iván Rumbo, Rubén Orzáez, Adri e Charly; tamén xogaron Novoa, Álex Moñino, Aitor, Negro, Pedro e Pansi.

UD IBIZA: Ferreyra, Saúl Marrupe, Charly, Buitre e Iker; tamén xogaron Lucas, Vicent Valdés, Christian, Orellana, Ixemad, Jason e Víctor Delgado.

GOLES: 1-0 Novoa (5′), 1-1 Orellana (14′), 2-1 Adri (19′ de penalti), 3-1 Charly (20′), 4-1 Adri (29′), 4-2 Buitre (32′), 5-2 Rubén Orzáez (34′), 6-2 Charly (37′).

ÁRBITROS: Francisco Javier Marazuela Hernando, Sergio Toral Heredia e Sobral Moreno como asistente. Amoestaron aos locais Manel (delegado), Iván Rumbo e Regueira e aos visitantes Jason, Buitre, Ferreyra e Orellana.

INCIDENCIAS: Partido correspondete á segunda xornada da Segunda División Fútbol Sala celebrado no pavillón A Malata.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Lucía Rivas: de verde a laranxa

Lucía Rivas finalizou a súa etapa no conxunto verde do Valdetires para enfundarse o laranxa dun Viaxes Amarelle no que compartirá vestiario con coñecidas como

Álex Permuy: cumprindo un soño

Falar de Smash Padel 4 é falar do seu fundador Álex Permuy e unha vida plenamente dedicada ao deporte, coñecido polo seu pasado futboleiro (Numancia