O venres 14 de xuño comeza a 18ª edición do torneo sub-12 do Concello de Carballo

Participará o Athletic de Bilbao, Real Sporting de Gijón, RC Deportivo, Celta de Vigo, Racing de Ferrol, CD Lugo, SD Compostela, Pontevedra CF, Bertamiráns e Luis Calvo Sanz.

O formato do torneo será unha liga na que todos xogarán contra todos e os catro primeiros pasarán ao playoff final onde o primeiro xogará co cuarto e o segundo contra o terceiro para dilucidar a finalísima. Haberá partido polo terceiro e cuarto posto.

Os xogadores das Escolas Luis Calvo Sanz que acudan ao torneo co uniforme do club entrarán gratis. Os prezos para o resto de afeccionados variará segundo os días que acudan, indo desde os 5€ ata os 15€ (pase de torneo completo).

Xogadores que participaron no torneo: Éric García, Kubo, Ansu Fati e Nico González co Barça, Angeliño e Brais Mendez co Dépor, Rodri co Atleti e sendo MVP, Bernat co Valencia, Dalot co Oporto, Iván Villar e Denis Suárez co Celta, Barcia, Mella, Luis Milla, Carles Aleñá, Miguel Loureiro, Tasende…

PALMARÉS

Tres títulos: Atlético de Madrid e AFA Angola.

Dous títulos: Sporting de Lisboa e FC Barcelona.

Un título: Valencia, Celta, Dépor, Pabellón CF e Real Madrid.

Fotos e info: Bergantiños FC

 

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Trofeos Bisbarra en xogo 2024/25

Unha tempada máis, Bisbarra en xogo xunto a varios dos nosos patrocinadores, anunciamos os trofeos que entregaremos ao final da presente campaña. EDICIÓN BERGANTIÑOS, ARTEIXO,