O RACING DE FERROL: Invictos e lideran a clasificación con 3 puntos de vantaxe sobre o segundo

O Racing, que se medirá ao Sestao River da Segunda Federación na Copa do Rei a fin de semana do 12-13 de novembro, suma nove xornadas sen coñecer a derrota tras un inicio de tempada impresionante con 7 vitorias e 2 empates que lle valeron para dominar a praza de ascenso directo con 3 puntos de vantaxe sobre o segundo clasificado, o Córdoba.

Na última xornada disputada, os de Parralo empataron 1-1 en casa ante un dos favoritos ao ascenso, o Córdoba, nun partido no que os visitantes se adiantaron no minuto 2’ por medio de Casas e Joselu poñería o empate final no 70’.

O Racing mostrouse moi superior ao Córdoba e puido levar o partido con ocasións claras de Héber e Carlos Vicente. Ao final, un punto que serve que para manter a distancia co conxunto andaluz.
Como dato negativo, Pumar, Ferrone e David Castro retiráronse lesionados e preocupan especialmente as de Pumar e Ferrone. Haberá que esperar ás probas médicas para coñecer o alcance das lesións dos xogadores.

En canto á parte positiva, ademais do liderado e estar invictos, foi a gran acollida que tivo o estadio A Malata, que recibiu a uns 5000 afeccionados e do que Parralo opinou: “Vin unha comuñón total entre o equipo e a afección”.

O Racing namora co seu xogo dinámico, achegando moita velocidade en ataque e solidez en defensa, sendo un equipo moi difícil de bater co seu xogo de presión alta, calidades que lle valeron para vencer ao Rayo Majadahonda (0-1), ao Real Madrid Castilla (2-1), ao San Fernando CD (0-1), á Cultural Leonesa (3-2), ao CD Badajoz (0-3) e ao CF Talavera (1-0), ademais dos empates co Algeciras (1-1) e o Córdoba (1-1).

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas