XABIER MACEIRAS: 100 anos de fútbol en Arteixo e A Laracha

O Concello da Laracha comunicou que o libro «100 anos de fútbol en Arteixo e A Laracha», de Xabier Maceiras, presentarase o xoves 22 de xullo no campo de fútbol municipal A Porta Santa, en Paiosaco.

Xabier Maceiras (1970 – Arteixo) é un escritor, historiador e documentalista que vén de publicar o seu novo libro 100 anos de fútbol en Arteixo e A Laracha. Entre as súas obras, destacan algunhas como Contos mariños de Carballo, Antoloxía das Confidencias de Picadillo, O mar de Arteixo e os seus naufraxios ou Crónicas de Arteixo y Sabón, ademais de obras colectivas como De Liverpool ás Sisargas: a derradeira travesía do Priam.

O acto da presentación, conducido polo xornalista larachés Moncho Viña, contará coa presenza de José Manuel López Varela e Carlos Calvelo, alcaldes da Laracha e de Arteixo, ademais do propio autor, Xabier Maceiras. A obra será presentada o xoves 22 de xullo nun acto aberto a todos os públicos que organiza o Concello e que se vai desenvolver a partir das 19:00 horas no campo de fútbol municipal A Porta Santa de Paiosaco.

O libro 100 anos de fútbol en Arteixo e A Laracha trata sobre a historia futboleira dos concellos de Arteixo e da Laracha contada en varios capítulos cunha perspectiva do Deportivo para contextualizar as diferentes épocas que abarca o libro, con protagonistas como os irmáns Collazo de Caión, o larachés Quico e o caionés Pea que xogaron en Segunda B co Bergantiños, o larachés David Añon, que debutou co Depor en Primeira, e un largo etcétera. O prólogo foi escrito por un dos xornalistas que creou escola, polo seu bo facer profesional e ser un dos referentes da información rigorosa deportiva de Galicia, Moncho Viña.

 

 

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas