VICENTE CARRIL: O presidente decano que non quixo ser alcalde

Vicente Carril Lema (Camariñas, 1931) estivo de aniversario o pasado día 4 do presente mes de novembro. O presidente decano da Costa cumpriu a friorenta de 90 anos, dos que 44 ostentan a presidencia do Camariñas FC. Foi un 4 de decembro de 1977 cando asumiu o cargo.

Falar de Vicente Carril é falar, necesariamente, da historia viva da Costa. A pesar da súa idade mostra, unha vitalidade impropia deses 90 abrís que presume desde hai uns días. Ten unha memoria que parece unha enciclopedia vivente. Viviu e pasou tantas circunstancias no cargo que, se dedicase a escribir as súas memorias, non haberá ninguén na Costa da Morte que non teña cabía nas mesmas.

Vicente Carril forma parte intrínseca da Liga da Costa, na que plasmou momentos espectaculares coa súa xestión ou coas súas accións. Pero hai Vicente Carril Lema para moito, polo que seguirá achegando esa sabedoría que lle deron os anos, esa experiencia da que nunca presume e ese don de xentes da que sempre fai gala.

Estes días tamén descubriuse que non quixo ser alcalde de Camariñas co partido da UCD de Adolfo Suárez. Corría o ano 1980 e o seu posto ocupouno Jesús Ramos, que sairía elixido. Pero na traxectoria de Vicente Carril hai moito máis que fútbol. E senón, hai que lembrar que foi xuíz de paz durante 12 anos; presidente da comisión de festas da Virxe do Carmen, 20 anos; secretario da Confraría de Pescadores, 40 anos; director do Instituto Social da Mariña, 24 anos (ata a súa xubilación) ou presidente do Casino, 12 anos.

Vicente ten moitos recoñecementos, pero un que lle agradou especialmente foi o realizado pola Real Federación Galega de Fútbol e que tivo lugar no ano 2017: Premio “Toda unha vida”, que tivo lugar con motivo da Gala organizada pola RFGF.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas