O adestrador do CCD Queixas, Pablo Fernández, afronta unha nova tempada coa permanencia como principal obxectivo dun equipo que parte con menos recursos económicos ca boa parte dos seus rivais. A pesar das dificultades para adestrar e para reforzar e manter o cadro, o técnico asegura que o equipo competirá e pide á afección que dea un paso adiante e enche A Revolta para apoiar aos xogadores.
Con que obxectivo afronta o equipo esta tempada e que resultado considerarías un éxito ao final da liga?
O obxectivo desta tempada é a permanencia, polo tanto, un bo resultado sería conseguila.
Cal cres que vai ser a principal dificultade que vai ter o equipo nesta tempada e que aspecto consideras fundamental para competir ao máximo nivel?
O principal problema é que competimos con equipos con moito máis potencial económico que nós, de feito, debemos ser só dous ou tres equipos que non lles pagamos aos xogadores, iso implica que é difícil de fichar e complicado retelos, pero hai que loitar.
Como chega o equipo ao inicio da competición e que mensaxe lle queres transmitir á afección ?
O equipo chega un pouco xusto porque houbo dificultades cos campos para adestrar, pero vai competir, e a afección diríalle que vaia a A Revolta e apoie ao equipo como fixo ata agora, e incluso un pouco máis.
Foto: fotoschimpi




