Pablo López, sétimo, e Bruno Carrodeguas, noveno, na Supercopa Canarias Junior

A pasada fin de semana os judocas feneses Pablo López (-90kg) e Bruno Carrodeguas (-66kg) disputaron a Supercopa de España Junior en Gran Canaria.

Non foi o mellor día de ambos judocas que tiveron que conformase co sétimo posto para Pablo López e o noveno para Bruno Carrodeguas. Pablo perdeu os seus dos combates contra Carlos Romero de Andalucía e Asier Notario de Cantabria. Bruno impúxose a Hugo Alonso de Cataluña e Miguel Guerrero de Cantabria, perdendo en cuartos de final con Hugo García de Cantabria e na repesca con Aram Canovas de Valencia, nunha xornada na que Alberto Castro desprazouse como adestrador.

O club irá esta fin de semana a Lugo para participar no Stage e na competición San Froilán.

Info e fotos: Judo Ferrolterra

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

O BBCA lidera a clasificación

A vitoria ante o Obradoiro por 67-48 deixou ao conxunto ferrolán como líder en solitario. Espectacular partido o disputado o sábado nun abarrotado Javier Gómez