Paula Fandiño: “A nivel grupo, está sendo dos anos máis bonitos que recordo”

No berce do fútbol galego emerxe a figura de Paula Fandiño Trillo (Cee, 2001), alma incansable do Fisober. Fiel ao seu escudo desde sempre, combina talento e compromiso tamén no Dumbría de fútbol 11.

Criada entre balóns e ilusión, chegou a vestir o combinado galego e hoxe sementa futuro adestrando a base. Campioa de España coas alevíns o pasado ano, lidera cunha paixón que contaxia e empurra a soñar máis alto no corazón do fútbol galego.

Que sentes ao levar a camiseta do Fisober?
Non che sei responder a iso, é o meu equipo, do que son fan, e xogar todas as fins de semana con esta camiseta, poder defendela, é un orgullo enorme.

Como valoras a tempada que está a facer o equipo?
Pois esta temporada para min é a máis distinta de todas. Viñamos dunhas tempadas quedando entre as primeiras e sen preocuparse de mirar para abaixo. Este ano foi difícil o inicio, non sabiamos se ía haber xente ou non. Viñeron moitas rapazas novas, que gracias a elas, puidemos saír a competir, tivemos baixas polo camiño e fíxose aínda máis difícil. Aínda así, creo que a nivel grupo está sendo dos anos máis bonitos que recordo e ver como as rapazas que viñeron con moitas ganas van aprendendo, adestramento a adestramento, faime desfrutar moito e motívame.

Como adestradora da base, que é o máis che gusta de traballar coas pequenas?
Creo que todo o que teña que ver con elas gústame, pero creo que o que máis me vai gustar e cando deixe de ser a súa adestradora e pasemos a ser compañeiras. Espero poder cumprir iso con algunha máis este ano.

Foto: fotofuentes

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas