O Basketmi de Héctor Rico deixou moi bo sabor de boca pechando a presente campaña no quinto posto da clasificación e chegar ao tramo final da liga con opcións de playoff.
Parte da “culpa” desta boa tempada foron os números achegados por varias das figuras do conxunto ferrolán, pero en especial hai que resaltar a de Pedro Paz, que entrou no Top 10 da Primeira División de BSR en varias listas.
En medias, Pedro Paz foi o primeiro en rebotes totais (11,9) e rebotes defensivos (10,1), sexto en minutos (38,2), segundo en puntos (22,4), sexto en tiros tentados (17,5), segundo en tiros libres convertidos (2,7), segundo en dous puntos convertidos (9,7), sétimo en recuperacións (1,2) e perdas (2,4), e cuarto en faltas recibidas (4,6).
Foto e información: Concello de Narón