As Eiroas acolleu a presentación do torneo que arrincará o 25 de febreiro e finalizará a semana do 6 ao 10 de maio.
A presentación contou coa presenza de Luciano Calvo Pumpido, presidente do Bergantiños FC; Juan Luis Villamisar Méndez, vicepresidente da RFGF; Diego Batalla Bautista, secretario xeral da RFGF; Manuel Andrés González Corredoira, delegado da RFGF A Coruña – A Costa; José Manuel Rey Eirís, Director Deportivo das Escolas de fútbol Luis Calvo Sanz e Ángel Barril Pena, coordinador das Escolas e ademais, coa asistencia de representantes dos clubs: Victoria CF, RC Deportivo, CD Calasanz, At. Coruña Montañeros, Ural CF, UC Cee, Bertamiráns FC e Victoria FC.
O acto comezou coa presentación do torneo por parte de Ángel Barril. Luciano Calvo Pumpido tomou a palabra en segundo lugar para agradecer a participación dos clubs e animar a que se sigan celebrando edicións de torneos tan representativos na nosa zona e comunidade autónoma para impulsar o deporte galego. En terceiro lugar, en representación da RFGF, Juan Luis Villamisar agradeceu o papel das Escolas de fútbol Luis Calvo Sanz á hora de organizar un torneo tan importante para todos os equipos. Diego Batalla e Corredoira pecharon o acto explicando as normas, os horarios e a configuración do torneo, que empezará o 25 de febreiro e finalizará co partido para determinar o campión a semana do 6 ao 10 de maio en As Eiroas.
Foto: Bergantiños FC