PRIMEIRA DIVISIÓN GALEGA FEMININA: A SD O Val, a EFB Amistade e a SDCR Narón O Freixo levan camiños diferentes tras disputar as primeiras sete xornadas do campionato

A Primeira División Galega Feminina Arzúa – Ulloa DOP excede dun nivel moi alto esta tempada e promete ser un campionato que estará moi rifado.

O Val de Andrés Otero “Nesy” trata de atopar o ritmo da pasada tempada e escalar posicións que lles permitan loitar por unha das prazas do grupo de ascenso. As valexas levan un balance de 2 vitorias e 5 derrotas, sumando un total de 6 puntos e na 13ª posición da clasificación.

O EFB Amistade de Marcos Casal está a demostrar que chegou á LGF Primeira División para quedar. Tras un mal inicio, o Amistade logrou reverter a situación, logrando 3 vitorias e 3 derrotas, que lle levaron á 9ª posición con 9 puntos e cun partido menos.

Ao Narón O Freixo de Marco Aurelio, pola contra, está a custarlle coller o ritmo que demostraron na tempada pasada en 2ª LGF. As de Narón levan 7 derrotas, con 0 puntos e na 15ª praza da clasificación.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas