Unha das grandes fichaxes do Intasa San Sadurniño durante este mercado estival foi a do receptor Rafael Albornoz Refusta (Rancagua, 1996), que chegou procedente do Leganés, sendo un xogador moi traballador, potente, seguro nos seus labores de recepción e potente no ataque.
Ademais do conxunto madrileño, Rafael Albornoz tamén estivo en equipos como o Manquehue, St. Thomas Morus, Paracao, Arona e Cisneros, ademais de ser internacional co combinado chileno.
Que está a parecerte Galicia como a túa nova casa?
Adapteime moi ben, a verdade. Galicia está a encantarme. É un lugar tranquilo, con xente moi próxima e amable. Síntome moi cómodo e feliz con esta nova etapa.
Que é o que máis che motivou para fichar polo club sadurniñense?
O que máis me motivou foi o proxecto do club e as ganas que hai de seguir crecendo. Sansa sempre estivo entre os primeiros postos, e iso fala moi ben do traballo que fan. Ademais, desde o primeiro día atopeime cun grupo moi unido, que me fixo sentir parte desde o comezo.
Que retos te propuxeches para esta tempada?
Creo que síntome máis maduro logo da tempada anterior, polo que creo que é importante render ben, xogar a bo nivel de maneira constante para poder axudar ao equipo para ascender a Superliga. Tamén veño coa idea de gozar moito esta tempada. E creo que o estou logrando, así que ben! Con moitas ganas!
Foto: sadmoody241




