SD CORISTANCO: Presentación do calendario 2022

O alcalde do Concello de Coristanco, Juan García Pose, e o presidente do club SD Coristanco. Manuel Vecino, presentaron o calendario 2022 da SD Coristanco.

Onte, martes 28 de decembro, en Verxel Vinoteca – Cervecería, a SD Coristanco presentou o seu calendario 2022 personalizado. O alcalde coristanqués Juan García Pose estivo acompañado polo presidente do club, Manuel Vecino, o vicepresidente José Manuel Serrano, directivos, o adestrador do club Alejandro Rodríguez «Juni», xogadores , afeccionados, simpatizantes e invitados ao acto.
O almanaque de colgar con ojete personaliza aos 7 equipos federados da SD Coristanco: senior, infantís, alevíns, benxamíns, prebenxamins e veteranos. Está impreso a toda cor coas súas portadas plastificadas no alto brillo.
Os interesados en adquirir o calendario deben dirixirse ao club.
O club agradece as colaboracións dos patrocinadores deste traballo que foi dirixido e editado por Bisbarra en xogo.
O alcalde aproveitou o acto para informar de investimentos para reformas no campo de «A Rocheira» proximamente, como o céspede novo, a rega e a iluminación LED.

Compartir:

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on pinterest
Pinterest
Share on linkedin
LinkedIn

Novas relacionadas

BILLARDA: 8ª xornada

A oitava xornada da Conferencia Noroeste de Billarda celebrouse no campo de fútbol municipal do Pastoriza SCD. CATEGORÍA INFANTIL: 1º Kevin (APB – A Laracha).