ROGELIO MARTÍNEZ, a emoción que viviu un home do fútbol en Laxe

O día 24 de abril de 2021 quedará gravado na memoria de Rogelio Martínez Castiñeira (Coens-Laxe, 1940).

Esa xornada foi de emocións fortes na que él non as puido evitar e viviu en primeira persoa. Rogelio viu como o Concello de Laxe poñía o nome do campo municipal con Cabo da Area-Rogelio Martínez. Atrás quedaron 26 anos, dos cales dez como presidente e os restantes como directivo da SD Laxe. Unha labor innegable que é recoñecida por todos. E todos apuntan ese mérito realizado por un home do fútbol.

Rogelio, acompañado da súa familia, viviu tal emoción que entre bágoas non foi capaz de proferir palabra algunha. Unha vez reposto só chegou a poder comentar: “Grazas, grazas, grazas”. Unha xornada na que estiveron o alcalde de Laxe, José Luis Pérez, ou o presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, concelleiros, representantes federativos e, sobre todo, ex xogadores, ex presidentes e afeccionados que viviron en primeira persoa a humanidade, o traballo e a dedicación de Rogelio Martínez ao longo deses anos gloriosos da SD Laxe, con títulos na Copa da Costa e na liga.

Rogelio Martínez non puido evitar a emoción polo agarimo con que desenvolveuse o acto do nome do campo municipal, agora chámase Cabo da Area-Rogelio Martínez

Rogelio Martínez descubriu a placa co novo nome do campo de Laxe co alcalde, presidente da RFGF e os concelleiros de deportes e cultura

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas