Sara Lago: “Fun superbén acollida desde o principio”

Sara Lago López (Vilagarcía de Arousa, 2006) afronta a súa primeira tempada no CB Laracha tras chegar no verán desde o CLB Vilagarcía.

Á-pivote de gran técnica e mobilidade, destaca pola súa capacidade para o bloqueo e o seu compromiso defensivo. En ataque, achega versatilidade e bo criterio, converténdose nunha peza importante para o equipo. A súa intelixencia táctica e intensidade fan dela unha xogadora moi completa. Ademais, Sara está moi implicada co club, colaborando na formación das categorías base ao dirixir ao equipo mini xunto á súa compañeira Sofía, demostrando así o seu compromiso co baloncesto.

Que che motivou a dar o salto ao Laracha?
A verdade é que tiña claro que quería un cambio para esta tempada. Grazas a compañeiras da universidade coñecín o Laracha, animeime a probar un par de adestramentos e non o pensei máis, fun superbén acollida desde o primeiro día.

Cal cres que foi a clave para asegurar a permanencia con tanta vantaxe?
Diríache que todo o apoio que recibimos. Tanto por parte da afección, que desde o primeiro partido me deixou impactada, é incrible, como tamén o das miñas compañeiras, gran equipo na pista, pero aínda máis fóra, estoulles superagradecida a todas. E ademais, aínda que ás que se nos ve é a nós, detrás hai moitísimo esforzo e cariño para que todo funcione como nos gustaría, valóroo moito.

Que é o que máis che gusta de adestrar á base?
Ocórreseme un montón de cousas, porque adestrar aos nosos peques paréceme algo supergratificante. Pero o que máis me gusta, me emociona e me fai moitísima ilusión é velos e oílos na bancada animándome. Cando remata o partido e veñen correndo a abrazarte, é unha sensación tan bonita.

Foto: fotoschimpi

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas