Os días 5 e 6 de setembro disputouse no Club de Golf Miño Ártabro o Campionato de Galicia de Dobres Masculino Absoluto e 2ª Categoría, unha competición que reuniu xogadores de distintos clubs galegos.
Na competición destacou a participación dos socios do Club de Golf Campomar, José María Fantova Rodríguez e o seu fillo, José Fantova Sicre, que se proclamaron campións de Galicia de Dobres Masculino de 2ª categoría.
A parella completou as dúas xornadas cun resultado acumulado de +11 golpes sobre o par do campo, impoñéndose na súa categoría e conseguindo así o título autonómico.
Desde o Club de Golf Campomar queremos felicitar a José María Fantova Rodríguez e José Fantova Sicre por este excelente resultado e por levar o nome do club ao máis alto do golf galego.
Info e foto: Club de Golf Campomar



