Termy: “O Cedeira é un club que sempre me caeu simpático”

Diego Seijido Dopico “Termy” (Ferrol, 1993) chegou ao Cedeira para reforzar a retagarda con oficio e intensidade.

Lateral dereito reconvertido en central, xogou no Portuarios, Narón Balompé, Racing xuvenil, Maniños, Mugardos, O Val, CD Narón, Valdoviño e Barallobre.

Que te motivou para fichar polo Cedeira?
Pois sobre todo por Jandro Padín, ao que considero un colega, ademais de adestrador, e pediu que botase unha man, así que aceptei a proposta. Ademais, o Cedeira é un club que sempre me caeu simpático e no que teño coñecidos, polo que xa daba por feito que a adaptación ía ser rápida, como así foi. Pero á vez non foi unha decisión doada e paseino un pouco mal nese trámite de despedirme do Barallobre, ao que considero unha casa polo enorme cariño e o trato extraordinario que me deron.

Cal foi a clave para lograr a permanencia?
Diferentes factores. Primeiro, o novo adestrador sempre supón un cambio e, neste caso, achegou unha dinámica diferente e conseguiu ter o grupo unido cun modelo de xogo claro que se plasmou rápido e de maneira satisfactoria. Os novos fichaxes demos un plus ao bloque que xa había anteriormente para conseguir o obxectivo.

Que sentes ao lograr o obxectivo?
A sensación é moi boa. Unha satisfacción plena por conseguir o obxectivo, por un club que non merece menos que estar en Primeira, por un grupo moi san e novo, cun ambiente espectacular e, basicamente, a sensación de ter cumprido un obxectivo que, ao fin e ao cabo, era polo que fichei, así que moi contento.

Foto: sadmoody241

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas