Un dos referentes do grupo costeiro foi o dianteiro Alberto Díaz Ramos, coñecido como “Totó” (Arteixo, 2002), que cumpre a súa segunda tempada no Club do Mar, destacando polo seu gran olfacto goleador e definición.
Iniciouse no Atlético Arteixo e pasou por equipos como o Ural ou o Bergantiños, dando o salto a modestos da man do Laracha e do San Tirso.
Como vivistes este último tramo da liga regular?
Fíxosenos un pouco costa arriba para ser realistas, cansazo, presión… cada vez quedaban menos partidos por xogar e a vantaxe que tiñamos sobre Dumbría e Carral era mínima, non puidemos aproveitar os enfrontamentos directos como queriamos e tivemos un par de tropezos con outros rivais, pero o obxectivo era conseguir o play off e así foi.
Que tal as túas sensacións a nivel individual?
Ben, por épocas supoño, os dianteiros temos mellores e peores momentos de cara ao gol, pero como sempre digo, eu quédome co traballo e esforzo que tento achegar en todos os partidos, aínda que non marque gol, vou tranquilo cando o árbitro pita o final, e noto que deixei todo e máis nese partido, pretendo que non me quede co pensamento de poder axudar máis.
Que opinas do Victoria, Carral e Olímpico?
Pois como xa comentamos no vestiario, máis vale malo coñecido que bo por coñecer, a estes rivais xa nos enfrontamos varias veces, algún máis que outro, pero un playoff é un playoff, veña quen nos vinga, temos que loitar ata o último minuto e este persoal sabe dabondo facelo.
Foto: fotoschimpi