Víctor Senra recoñece que o final da tempada 2022 foi moi especial, xa que na mesma decidiu os dous títulos que agora ten na súa traxectoria como piloto.
Por esa razón comentou: “Incrible, xa que nunha semana ser campión galego e da Copa de España de Ralis é algo que ao principio do ano era o obxectivo. Sabiamos que era moi difícil. Ao final conseguiuse”.
Cal foi o mais difícil dos dous títulos?
O máis complexo foi o galego, polo rival que tiña con Alberto Meira, que empuxoume moito máis. Creo que houbo máis nivel en Galicia. Un dato é claro, ao quedar a un segundo a Alberto en varias probas.
Moito traballo para chegar ata aquí?
Encóntrome nun nivel alto, tal vez sexa o meu máximo nivel, É certo que che custa conseguilo, pero detrás hai un traballo e ben feito, Podes gañar unha proba, pero gañar tantas hai moito esforzo detrás e é difícil de conseguir.
Fotografía: Nacho Carballeira