Vixésimo posto para Andrés Prieto Villar no Mundial Sub 23

A pasada fin de semana Andrés Prieto Villar, do AD Fogar, tomou parte no seu primeiro Mundial Sub 23 de Tríatlon celebrado na localidade malagueña de Torremolinos sobre distancia olímpica.

O capitán do AD Fogar tivo que traballar arreo para rematar no top 20 logo de saír trixésimo da auga a 40 segundos da cabeza da proba. Xa no segmento ciclista, Andrés marcou o 3º mellor tempo dos participantes chagando a contactar co grupo cabeceiro da proba, e ainda que na carreira a pé foi decimo quinto nalgún momento o esforzo previo fixo que rematara nunha moi meritoria vexésima praza en 1 hora 49 minutos e 19 segundos.

Outra das alegrías destes días foi a convocatoria para a terceira xornada do GST (grupo seguimento tríatlon) da FEGATRI onde estarán tres d@s nos@s cadetes, Diego Souto, Irene Santomé e Manuel López.

Info e foto: AD Fogar

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Álex Varela: “Reforzámonos ben”

Desde a ambición competitiva e o instinto goleador emerxe Alejandro Varela Maceiras (Miño, 1998), coñecido como Álex Varela. Mediapunta de formación e dianteiro por determinación,

Artai: “Somos unha piña”

O atacante Artai Miraz Casal (Ferrol, 1997) é vertixe e determinación ao servizo do Meirás, onde afronta a súa segunda tempada. Formouse no Racing desde