Xan Lamas Serrano valora a tempada e o que está por vir

O deportista carballés de apnea analizou o que leva de tempada e os tres campionatos autonómicos que ten por diante.

«Desde fai xa varios anos levo acudindo a campeonatos autonómicos para formar parte da miña pretemporada de adestramento e así verificar se foron bos, regulares, se hai detalles que correxir e tamén afacer ao corpo e mente a estar baixo a esixencia de sentir nervios ou incomodidades por estar competindo, xa que non é o mesmo estar adestrando e facer boas marcas, que estar en competición, onde as veces os nervios e o descoñecemento poden xogar malas pasadas.»

«Pois ben, a estas alturas da miña pretemporada levo xa dous campionatos autonómicos feitos e exitosos acadando en ambos a medalla de ouro na disciplina de Apnea Dinámica con monoaleta. En ambas as competicións a marca que obtiven foi de 176 metros mergullado cunha soa bocanada de aire. Este último campionato resultoume un pouco difícil debido a que as condicións da piscina non eran as que eu cría e ás que eu non estou afeito a adestrar, co cal o mergullo fixóseme duro, pero aínda así logrei insistir e ir a por a primeira posición.»

«Quedan por diante 3 campionatos autonómicos máis que serán: Barcelona, Madrid e Galicia, onde tentarei facer marcas persoais e así seguir crecendo como deportista e subindo a podios. O meu obxectivo final está en mente, o traballo está feito ao longo de toda a tempada de adestramentos e as ganas de gañar están ao día, así que a por máis logros!»

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Berto, o “camero” do Somozas

Se xuntamos defensa e gol, lembramos ao camero Sergio Ramos, pero se engadimos Somozas, temos a Alberto Rodríguez Fernández, “Berto” (Ferrol, 2000), que se destapou