Ximena Beiras: “Estou moi orgullosa de cada unha das miñas compañeiras”

A polivalente Ximena Beiras Escudeiro (Santiago de Compostela, 2001), que pode xogar como un ou de dous, iniciouse no Peleteiro e recalou no Calasancias no seu segundo ano da carreira de CCAFYD, e cumpre actualmente a súa terceira tempada no CB Laracha, ao cal eloxia afirmando que “me atopei cun dos mellores ambientes e cun trato marabilloso tanto das miñas compañeiras, como da directiva e adestradores”.

Tamén é a preparadora física guiada por Sito Cabado, centrándose no desenvolvemento das habilidades motrices nas categorías de formación e no rendemento e prevención de lesións das categorías cadete e senior.

Ximena Beiras analizou a evolución do equipo, destacando que na súa primeira tempada “o equipo atopábase en zonal, era o momento no que chegaba tamén o noso adestrador Sito cun xogo completamente diferente ao que se vía nos outros equipos e baseándome na miña experiencia, non o vira nunca, pero encantábame”.

Tras familiarizarse co sistema de Sito, Ximena declarou que na segunda tempada “co traballo realizado e a evolución que aos poucos estabamos a ter, empezáronse a dar os froitos a tal nivel que non perdemos nin un só partido, excepto o da final galega que quedamos segundas e moi orgullosas (risas), pero o traballo que nos metía Sito desde a tempada anterior fixo que ascendésemos á Primeira Autonómica, onde estamos agora”.

Finalmente, a santiaguesa opinou sobre a boa marcha do equipo nesta tempada, declarando que “houbo moitos cambios, fóronse xogadoras e entraron novas, isto fixo que na primeira parte da tempada estivese a custarnos un pouco arrincar, xa que todas tiñámonos que coñecer na cancha, aprender como eramos cada unha de nós no xogo. Ao final puidemos chegar á fase de ascenso e co traballo realizado, o esforzo e compromiso que temos as xogadoras, o club e todo o que nos ensina Sito, estamos nun punto onde traballamos en equipo, xuntas, e seguimos mellorando en cada adestramento e axudándonos entre todas para seguir e conseguir enfilar a Final Four. Estou moi orgullosa de cada unha das miñas compañeiras e moi contenta de poder compartir e aprender con elas e co noso gran adestrador Sito”.

Foto: Neypa Fotografía

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Lucho: “A clave é a confianza”

O centrocampista de corte defensivo do Galicia de Mugardos, Luis Dopico Martínez (Ferrol, 2003), coñecido como Lucho, formouse nas categorías inferiores do Racing e tras