Dani Rodríguez: “O tempo que fixen foi unha sorpresa, tardei días en asimilalo”

Dani Rodríguez converteu un soño deportivo nun reto solidario. O pontecesán completou este verán do tirón e sen parar, os 203 quilómetros do Camiño dos Faros ata Fisterra en 33 horas e 24 minutos, a segunda mellor marca histórica da proba. Tras a retirada do seu compañeiro, o corcubionés Iago Dosil, por unha lesión nunha […]

Markel: “Sentinme moi integrado desde o primeiro día”

Markel Muñoz Heras (Bilbao, 2007) afronta unha etapa no Escola Lubiáns, ao que chegou este verán tras tres tempadas no Liceo. Deu os seus primeiros pasos no Colexio Urdaneta e logo no Gatikako Iusturi. Destaca pola súa habilidade técnica, capaz de superar rivais en espazos reducidos, pola súa visión de xogo, e pola madurez no […]

Paula Mouzo: “Non hai unha xogadora concreta que me inspire, senón a paixón polo fútbol e a alegría de ver que as rapazas teñen un equipo feminino no que xogar”

Paula Mouzo Mas (Camariñas, 1986) é unha dianteira de carácter, paixón e gol, unha futbolista que leva catro campañas deixando a súa pegada no Escola Juan Cabrejo, onde porta o brazalete de capitá e defende o escudo do seu club converténdose nunha referencia imprescindible. Paula pelexa cada balón coma se fose o último, non baixa […]

Bruno Romero: “Loitar polas cores do teu pobo sempre é un orgullo”

Bruno Romero Silva (Fisterra, 1994), regresou esta tempada á casa para volver vestir a camisola do Fisterra, club no que xa militara en campañas anteriores. Dianteiro de raza, leva no ADN o gol e percorreu o fútbol da nosa Costa en equipos de renome como o Cee, Soneira, Lira, Dumbría e Porteño. Bruno é un […]

Luchy: “Para min, o Xallas é unha segunda familia”

Hai futbolistas que deixan pegada alí por onde pasan. Lucía Fernández Domínguez “Luchy” (Wattwil, Suíza, 1997), é unha delas. Leva no corazón do Xallas desde a fundación do equipo feminino, converténdose nunha das súas xogadoras máis representativas. Centrocampista de perfil defensivo, capaz tamén de exercer como punta, é pura intensidade, forza e carácter, nunca dá […]