Daniel Remuiñán apunta á zona alta no Rallye Terra de Galicia

O piloto da Laracha sae a medirse cos mellores do Campionato de España de Ralis de Terra tras a súa vitoria en Portas.

Daniel Remuiñán e Álvaro Cerqueiras disputan esta fin de semana o Rallye Terra de Galicia, unha cita especialmente emotiva para o equipo ao celebrarse na contorna de Carballo, en pleno territorio de «casa» para o piloto larachés. A parella chega á proba galega do nacional de terra cun excelente ritmo de competición tras a vitoria na Clase B e a terceira posición absoluta acadadas no Rallymix de Portas, confirmando a posta a punto do seu Škoda Fabia R5 Evo.

A proba carballesa trae grandes recordos deportivos para a parella, que na edición anterior realizou unha brillante actuación, dominando a súa categoría e rodando moi preto das primeiras posicións da clasificación xeral antes de sufrir unha saída de pista. Nesta ocasión, o equipo afronta os treitos co obxectivo de dar a batalla na zona alta e loitar polas posicións de podio diante da súa afección.

«Correr en Carballo sempre é moi especial porque estás diante da túa xente e os treitos son os de casa. O ano pasado estabamos facendo unha gran carreira, cun ritmo incrible, preto dos mellores, e quedeime coa espiña cravada pola saída de pista. Dános unha motivación extra para esta fin de semana», sinala Daniel Remuiñán. «Chegamos con moita confianza tras as boas sensacións e o resultado de Portas. O coche vai perfecto, así que sairemos facer o noso rali, gozar coa afección e loitar con todo para intentar meternos no podio».

RALLYE TERRA DE GALICIA

Día Horario Treito Km
Venres, 4 de setembro de 2026 18:04 h TC1SS – SS Circuíto de Autocross de Arteixo 2,30 km
Sábado, 5 de setembro de 2026 08:46 h – 11:35 h TC2 – 4: Coristanco 10,00 km
09:36 h – 12:25 h TC3 – 5: Malpica – Ponteceso 11,31 km
15:24 h – 18:17 h TC6 – 8: Cerceda – A Laracha 19,69 km
16:27 h – 19:20 h TC6 – 8: Carballo 10,13 km

Total de quilómetros cronometrados: 104,56 km

Info e foto: Daniel Remuiñán

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas