Brais Pensado e Noah Quintela, do Club Sysca, proclámanse campións de Europa coa selección española

Os dous integrantes do conxunto carballés tiveron un papel destacado no triunfo de España na competición disputada en Irlanda.

Brais Pensado e Noah Quintela, deportistas do Club Sysca, veñen de proclamarse campións de Europa júnior na modalidade de praia coa selección española. A competición reuniu durante o sábado e o domingo na cidade de Donegal, en Irlanda, a socorristas dalgúns dos mellores países do continente europeo. As 27 medallas acadadas ao longo das dúas xornadas permitiron a España coroarse como a mellor selección do campionato.

Por primeira vez, dous integrantes do Club Sysca representaban o combinado nacional nun Campionato de Europa, e os resultados foron inmellorables. Brais Pensado colgouse o ouro na proba de carreira con táboa, así como nos relevos de rescate con tubo e de ocean mixto. Tamén conseguiu a medalla de prata na carreira con ski, no ocean e no rescate con táboa.

Pola súa banda, Noah Quintela levou o ouro nas dúas probas individuais de area, sprint e bandeiras. Ademais, ambos formaron parte do cuarteto que se proclamou campión de Europa tanto no relevo de sprint como no de ocean.

Info e foto: Sysca Salvamento

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas