O pasado sábado día 12, a Agrupación Deportiva Judo Ferrolterra desprazouse a Ourense para disputar a Supercopa de Ourense Júnior con catro judocas, dos cales tres volveron con medallas.
Na categoría feminina, a judoca de Valdoviño Amelia Tenreiro, na súa primeira tempada como júnior, realizou unha gran competición, conseguindo unha meritoria medalla de bronce na categoría de -70 kg. Impúxose á portuguesa Beatriz Popovici nos cuartos de final, perdeu o pase á final coa galega Carlota Linares e gañou finalmente o bronce ao impoñerse tamén á portuguesa Gabriela Silveira.
Na categoría masculina, Mario Tenreiro, na categoría de -81 kg, perdeu nunha gran final contra o judoca asturiano Gonzalo Gayol, despois de se impor aos judocas Nel Suárez, de Asturias, e a Saúl Camblor e Fabián Fernández, de Galicia.
Por outra banda, o fenés Pablo López Sanmartín obtivo un terceiro posto despois de se impor ao asturiano Arturo Rodríguez e perder cos galegos Hugo López e Daniel Lago.
David Herrera non puido loitar polas medallas na categoría de -90 kg.
Como adestradores do club estiveron presentes Alba de Bernardo e Bruno Carrodeguas. Formando parte da organización do evento estivo Alberto Castro, mentres que Armando Castro participou como árbitro.
Info e foto: AD Judo Ferrolterra



