Jorge Calvete: “Cada partido que poño esta camiseta, volvo desfrutar como cando era pequeno”

Jorge Calvete Oliveira (Madrid, 1985) forxouse en Buño entre balóns, campos e paixón polo fútbol. Capitán, presidente e alma do club da súa vida, a súa entrega transcende o terreo de xogo.

Na súa traxectoria deixou pegada no Sofán, onde conquistou o ascenso de Segunda a Primeira, ademais de defender as cores do Baíñas, Castriz e Seaia. Pero é no Buño onde a súa historia alcanza dimensión épica. No campo, exerce de centrocampista que coñece como poucos os segredos do xogo. Manexa os tempos, impón pausa cando o partido o esixe e guía aos seus con experiencia e carácter. Fóra, traballa sen descanso por facer cada vez máis grande ao Buño, convertendo a súa paixón nunha misión e o seu compromiso nunha auténtica forma de vida.

Que significa o Buño para ti?
É a miña casa, onde pasei moito tempo coa familia e amigos.

Como é compaxinar a presidencia e estar dentro do terreo de xogo como un máis?
As veces difícil, porque sacrificas moito tempo e diñeiro e ves que os demais non se comprometen como che gustaría, pero pasa no 100% dos equipos. No campo ben, porque fago o que me gusta, e aínda que todos os anos penso en retirarme, en cada partido que volvo poñer esta camiseta volvo desfrutar como cando era pequeno.

Que prioridades tedes esta tempada?
Chegar á fase de ascenso, estar entre os seis primeiros sería un obxectivo bonito. Todo o que sexa mellorar.

Foto: fotoschimpi

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas