Ale Fente: “Trátase dunha tempada de adaptación”

Rapidez, liderado, cobertura defensiva, boa condución do balón e visión de xogo son as virtudes que definen á zagueira Alejandra Fente Sánchez (O Temple, 1999), que tras pasar polo Sporting Burgo, Deportivo Orzán CF, SD Orzán e estar en dinámica co Dépor B, recalou fai tres campañas no Bergan.

Como estás a ver a tempada?
Sabiamos que esta categoría sería complicada e que nos enfrontariamos a rivais de moito nivel. A pesar dos resultados, creo que o grupo é consciente de que se trata dunha tempada de adaptación, na que debemos afacernos ao ritmo da competición.

Cal foi o teu mellor momento vivido esta tempada e na túa carreira futbolística?
Aínda que non esteamos a vivir a nosa mellor tempada, destacaría os primeiros +3 nesta categoría, xa que, despois dunha mala serie, demostramos que somos capaces de competir e sacar adiante a tempada. O mellor momento da miña carreira futbolística foi formar parte do equipo da miña cidade e poder vivir a experiencia de xogar minutos co Dépor, algo que vía impensable cando era pequena.

Quen foi a rival máis difícil de parar?
Non sabería destacar unha soa xogadora, hai equipos como o Dépor, o Olímpico de León ou o Celta que teñen xogadoras de gran nivel e que cho poñen complicado.

Que opinas do crecemento do Bergan nestas tres tempadas que levas?
Foi incrible. Desde o primeiro momento formamos un grupo excelente e logramos chegar á final da fase de ascenso no noso primeiro ano, aínda que a perdemos en penaltis contra o Lugo. Ao seguinte ano, tivemos a sorte que nos faltou a tempada anterior e conseguimos o ascenso á categoría nacional, onde estamos agora. Creo que nos últimos anos o fútbol feminino no Bergan creceu moito e demostrou un gran nivel, algo que se pode ver na base, con varias xogadoras do “B” e cadetes formando parte da dinámica do primeiro equipo.

Foto: Bergantiños FC

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Lucho: “A clave é a confianza”

O centrocampista de corte defensivo do Galicia de Mugardos, Luis Dopico Martínez (Ferrol, 2003), coñecido como Lucho, formouse nas categorías inferiores do Racing e tras