Xa está todo listo para a segunda edición do Torneo Costa da Morte que se celebrará o xoves 17 e o venres 18 de abril

Debido ao éxito da primeira edición, nesta segunda ampliamos todo: categorías, partidos, clubs e campos de competición.

2 días de competición
26 clubs
+220 partidos
+100 equipos
+1300 xogadores
6 categorías

Os equipos que participarán son 26: Escolas Luis Calvo Sanz, Bergantiños FC, UD Paiosaco, CD Concello de Zas, Atlético Arteixo, Cabana SD, SD Soneira, SD Sofán, UD Cerqueda, SDC Órdenes, ED Dolmen de Tordoia, Outes FC, CA Cercedense, CF Dumbría, Xallas FC, Pastoriza SCD, Dubra SD, UC Cee, Club Xuventude Laracha, Ponteceso, Laxe SD, Santa Cruz, O Val de Narón, Oza Xuvenil, AD Cristo Rey.

Haberá unha carpa habilitada con mesas e cadeiras para xogadores, adestradores, acompañantes e familias con servizos de polbo, churrasco e todo tipo de comida. O xoves santo disputaranse as categorías de biberón, prebenxamín, benxamín e o venres santo alevín mixto, infantil e alevín feminino. Todos os partidos disputaranse na modalidade de fútbol 8. A duración dos partidos será de 20 minutos sen descanso salvo as finais, que serán dous partes de 15 minutos con descanso de 3 minutos.

Info e fotos: Bergantiños FC

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Lucho: “A clave é a confianza”

O centrocampista de corte defensivo do Galicia de Mugardos, Luis Dopico Martínez (Ferrol, 2003), coñecido como Lucho, formouse nas categorías inferiores do Racing e tras