Máximo Rengifo: “Gústame moito Galicia”

O receptor venezolano Máximo Rengifo, que foi MVP na 20ª xornada, chegou hai dúas tempadas ao conxunto dumbriés e moi pronto se gañou o afecto dos seus compañeiros e afeccionados. Máximo valorou as súas sensacións desta campaña como “moito mellor que na primeira tempada, xa que é a miña segunda tamén no vóley español e […]
Pichel: a lenda de Carballo

O primeira liña do Balonmán Xiria, David García Pichel (Carballo, 1994), é unha lenda cunha gran traxectoria deportiva en equipos como o Ademar León, Teucro, Atlético Novás e formar parte do combinado español xuvenil. Para Pichel, defender as cores do Calvo Xiria “é un privilexio. O club onde empecei a xogar e no que seguramente […]
Mario Rodríguez: “Nos veteranos hai moita calidade”

O centrocampista ofensivo, Mario Rodríguez Gómez (Laracha, 1993), cumpre a súa segunda tempada coa indumentaria do San Ramón tras unha dilatada traxectoria que lle levou por clubs como o Independente de Carballo, Xallas, San Lorenzo, Laracha e Coristanco. Ten unha capacidade de gol innata e foi pichichi a pasada campaña, rexistrando nesta moi bos números […]
Muíño: “Penso que temos un equipo moi completo”

A polivalente Andrea Rodríguez Muíño (Baio, 1996), coñecida futbolísticamente como Muíño, cumpre a súa terceira tempada no Puenteceso e conta cun bo currículum deportivo en equipos relevantes como son o Ural ou en fútbol sala o Fisober, entre outros. Andrea Muíño xoga na posición de mediocentro por calidades como a súa habilidade técnica co balón, […]
Raúl Corzón: “É unha boa sensación pelexar cos mellores goleadores”

O ariete Raúl Corzón Mato (Cee, 2001) criouse en Pazos de Vilar e formouse na base do Sporting Zas, sendo esta a súa segunda tempada no primeiro equipo tras pasar polos cadetes do Soneira, o xuvenil e o primeiro equipo do Baio e do Cabana, e o Laracha. É un dos principais referentes do seu […]
Paula Veiga: “Teño ás mellores persoas ao meu lado apoiándome”

A dianteira Paula Veiga Varela (Malpica, 2006) cumpre a súa segunda tempada co Cee tras formarse na base do Buño, tamén na do Cerqueda e no primeiro equipo. Estaba a realizar unha gran campaña disputándolle o pichichi a Eva Lema e con actuacións incribles como os cinco tantos ao Silva, pero unha rotura de ligamento […]
Martín MC: “Para min, o Baio é un sentimento especial”

Non hai un só recuncho na Costa que non escoitase falar do ariete Martín Fuentes Santos (Baio, 1990), coñecido como Martín MC. É un xogador que estivo sempre no Baio, menos unha tempada, a 2020/21, na que non competiron polo Covid e vestiu a indumentaria do Atlético Arteixo. O capitán é un dianteiro forte, con […]
Isaac Fábregas: “Sería un gran orgullo para min que a xente me lembrase”

O Fisterra ten entre as súas filas a un dos dianteiros máis letais da tempada como é Isaac Fábregas Trillo (Fisterra, 2001), xogador da casa que leva case toda a súa vida no seu amado club excepto unha tempada no Calasanz e un par no Cee. Destaca por ser un xogador difícil de marcar pola […]
Pablo Rodríguez: “Temos que seguir traballando”

O lateral esquerdo Pablo Rodríguez Rubial (Ponferrada, 1996), chegou ao Paiosaco fai dez tempadas procedente do conxunto coruñés do Victoria. É un xogador rápido, deses míticos carrileiros de outrora que son sólidos en tarefas defensivas, pero que teñen un perfil moi ofensivo e convértense nun puñal pola banda para os seus rivais e que chegan […]
Cristian Moreno: o canario elévase ao ceo carballés para expoñer o seu poderío aéreo

O zagueiro Cristian Moreno Mayor (Las Palmas, 1995), aterraba este verán no conxunto carballés para apontoar a liña defensiva e moi pronto se gañou ao vestiario, converténdose nun dos principais líderes pola súa capacidade de liderado e o comunicativo que é, dando instrucións aos seus compañeiros á hora de organizar á defensa. Entre outras das […]