Mery: “Para gañar, hai que saber perder”

Desde o corazón do campo, María Rial García (Santa Comba, 2008), coñecida como Mery, dirixe o pulso do Xallas coa madurez coma se dunha veterana tratásese e co carácter de quen naceu para liderar.

Capitá e símbolo de fidelidade a unhas cores que nunca abandonou, Mery é o motor incansable dun equipo que se recoñece no seu fútbol e na súa voz. En cada balón que recupera e en cada pase que ordena o xogo escríbese a historia dunha centrocampista destinada a marcar época.

Que é o que máis te enorgullece de levar a camiseta do Xallas?
Enorgulléceme porque sinto que o Xallas somos un equipo moi unido entre todas as súas categorías. Ademais, o Xallas tamén é un equipo histórico e recoñecido da Costa e da moito gusto vestir a camiseta verde.

Que é o que máis che sorprendeu da categoría?
O que máis me está sorprendendo da categoría son as aprendizaxes que estou facendo. Como por exemplo, que para gañar, hai que saber perder, ou que todo chegará no seu momento. Aparte, tamén aprendín moito futbolísticamente e novas técnicas de xogo ao xogar contra rivais de moito máis nivel.

Notas que a contorna do club creceu en Primeira?
Si, a contorna do club creceu desde que estamos en Primeira e isto reflíctase, por exemplo, en que tivemos que crear un equipo feminino porque había rapazas novas que querían xogar ao nós darlle visibilidade ao fútbol feminino.

Foto: fotoschimpi

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Álex Varela: “Reforzámonos ben”

Desde a ambición competitiva e o instinto goleador emerxe Alejandro Varela Maceiras (Miño, 1998), coñecido como Álex Varela. Mediapunta de formación e dianteiro por determinación,

Artai: “Somos unha piña”

O atacante Artai Miraz Casal (Ferrol, 1997) é vertixe e determinación ao servizo do Meirás, onde afronta a súa segunda tempada. Formouse no Racing desde