Alexandre Mallo: “A afección do Sofán é diferente a outros equipos”

Un dos referentes do Sofán é o seu extremo dereito e capitán, Alexandre Mallo Varela (Basilea – Suiza, 1991), un líder dentro e fóra do campo, un xogador que todo adestrador quere no seu equipo pola súa rebosante calidade, desborde no un contra un e intensidade no xogo.

Alexandre comezou a súa carreira futbolística no seu país natal, Suiza, xogando para o Allschwil, militando posteriormente en equipos como o Bergantiños, Xallas e Laracha, ata recalar no conxunto sofanista, club no que leva oito tempadas que lle fixeron gañarse o agarimo da súa afección.

Como foron os teus inicios no mundo do fútbol?
Os meus inicios foron nun equipo de Suiza chamado FC Allschwil cuns 4 anos.

Que sentes ao defender a camiseta do Sofán durante oito anos?
A verdade é que a clave de estar estes 8 anos é o grupo que temos no vestiario, é un grupo familiar onde se comparten moitas máis cousas que só o fútbol e así é moito máis fácil.

Que opinas dos afeccionados sofanistas?
A afección do Sofán é diferente a outros equipos nos que estiven. É moito máis próxima, familiar, viven moito máis o Sofán, non son só afeccionados, son coma se fosen do club.

Que recordo marcouche máis como futbolista?
Eu creo que o momento que máis me marcou foi a falta da persoa que empezou comigo no mundo do futbol e acompañoume todos os días, que foi o meu pai, que cando faleceu pois me marcou bastante.

Como é a vida de Alexandre Mallo cando non está co balón?
Pois cando non estou co balón, estou coa miña muller e os meus dous fillos gozando cada momento que teño con eles.

TEST PERSONAL

Comida: Lasaña.
Bebida: Coca Cola.
Color: Vermello.
Película: Son máis de series, pero te diría a saga de A todo gas (risas).
Libro: “Padre rico, padre pobre”.
Afección: Fútbol e familia.

TEST COMPAÑEIROS

O máis competitivo: Somos varios. Diría que está entre Iván Parafita, Eloy e eu.
O maís rápido: Martín.
O máis bromista: Dani Becerra.
O DJ do vestiario: Pablo Parafita e Javi.
O que mellor baila: Dani Becerra.
O que mellor viste: Diría que é o que vai sempre diferente aos demás, Paulo.

Foto: Fotoschimpi

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Álex Varela: “Reforzámonos ben”

Desde a ambición competitiva e o instinto goleador emerxe Alejandro Varela Maceiras (Miño, 1998), coñecido como Álex Varela. Mediapunta de formación e dianteiro por determinación,

Artai: “Somos unha piña”

O atacante Artai Miraz Casal (Ferrol, 1997) é vertixe e determinación ao servizo do Meirás, onde afronta a súa segunda tempada. Formouse no Racing desde