ALICIA VILLEGAS: Unha vida dedicada ao baloncesto e á nutrición

En Bisbarra en xogo tivemos o pracer de falar con Alicia Villegas Martín (Tarragona, 1994), ex-xogadora do Baxi Ferrol e actualmente nutricionista.

A tarraconense chegou ao Baxi Ferrol na tempada 2021/22 procedente do Ensino Lugo, pero unha grave lesión de rotura de ligamentos no seu xeonllo esquerdo (terceira na súa carreira) durante o encontro ante o Movistar Estudiantes, obrigouna a retirarse do baloncesto profesional ao final da pasada tempada.

Alicia Villegas graduouse en Nutrición humana e dietética pola Universidade de Alcalá de Henares, ademais de especializarse en nutrición deportiva polo ICNS Instituto, en nutrición deportiva en fútbol por Barça Innovation Hub (FCB) e obter a acreditación ISAK en antropometría Nivel 1 pola MYO Sport Clinic. Actualmente dedícase á súa gran paixón, a nutrición, e faio a través da súa propia empresa avnutricionista.

Tras a lesión e retirarte como xogadora profesional de baloncesto, como te atopas actualmente?
Atópome moi ben. Aos poucos atopando o meu lugar en Ferrol, cada día sentíndome un pouco máis como na casa.

Formácheste en Nutrición Humana e Dietética, de onde nace ese interese?
O interese real nace a partir de dedicarme profesionalmente ao baloncesto e de darme conta da importancia que se lle debería dar á nutrición a nivel deportivo e como non, na propia vida cotiá.

Fundaches a túa propia empresa, avnutricionista, como che vai e que nos podes contar sobre ela?
Non me podo queixar, aos poucos (xa implantado como filosofía). Reflicte un pouco a miña experiencia como profesional e a miña forma de entender a nutrición.

Ademais de asesorar en nutrición a deportistas de maneira individual, exposte asesorar a clubs?
Estou aberta a calquera campo tanto a nivel individual como a nivel colectivo, sempre formei parte dun equipo e é algo que non descartaría nunca.

Cales son para ti as claves dunha boa dieta para un deportista?
A variedade, a compensación e a individualización, cada persoa é un mundo e non para todos vai ser igual a alimentación por moito que se practique o mesmo deporte, mesmo que estean na mesma posición de xogo (cando falamos de deportes de equipo).

Tras estes meses, como foi a acollida que recibiches?
Foi moi boa, sentinme moi arroupada pola xente en Ferrol e sempre tiven un brazo no que apoiarme. Aos poucos vou avanzando con algo que me gusta cada día máis.
Pero é certo que sen a axuda que me outorgaron tanto a miña familia como os meus amigos máis próximos non podería conseguilo.

Que expectativas tes de fronte ao futuro?
Non me gusta moito pensar no futuro, quero ir avanzando e aprendendo cada día máis para poder axudar á xente no que necesite e demande.

Para todas aquelas persoas interesadas en perder peso, en recibir asesoramento en educación nutricional, deportiva ou clínica, podedes contactar a Alicia Villegas a través de:

www.avnutricionista.com
aliciavnutricionista@gmail
(+34) 613 111 016

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Lucía Rivas: de verde a laranxa

Lucía Rivas finalizou a súa etapa no conxunto verde do Valdetires para enfundarse o laranxa dun Viaxes Amarelle no que compartirá vestiario con coñecidas como

Álex Permuy: cumprindo un soño

Falar de Smash Padel 4 é falar do seu fundador Álex Permuy e unha vida plenamente dedicada ao deporte, coñecido polo seu pasado futboleiro (Numancia