Falamos do bo momento do Fisober cunha das súas capitanas, Ana Mouzo, unha lenda do fútbol sala costeiro quen nos analizou e falou tanto das súas sensacións persoais como da boa traxectoria do equipo de Fran Toba.
“O fútbol sala é o deporte da miña vida e grazas a rodearme de compañeiras e rivais fun aprendendo para ver este deporte doutra maneira, a un nivel máis táctico, chegando a desfrutar e entenderme coa xente co xogo sen ter necesidade de falarnos na pista. A día de hoxe sigo formándome para evolucionar e facer que desfruten deste deporte as persoas que adestro”.
“O Fisober dende dentro xa non o entendemos como un club, senón como unha familia. Fomos medrando xuntos desfrutando do fútbol sala é sempre inculcando valores de respecto e deportividade. A medida que o club foi facéndose grande fomos incorporando ese ADN Fisober, que fai que as novas xeracións queiran xogar con nós e portar con orgullo o brazalete de capitana ou capitán, mesturando o mellor da Costa da Morte con outras incorporacións que veñen a sumar e facer máis grande este deporte a nivel masculino e feminino. En Setembro deste ano cumpriremos o noso 20 aniversario e sendo sincera é algo que sinto moi propio e do que sempre quero sentirme parte, sexa no posto que sexa”.
“Esta tempada está sendo moi boa para o equipo senior feminino, a clave está sendo o gran nivel de todas as xogadoras, o que da opción a Fran a facer rotacións continuas con gran variedade de posicións e de estilos de xogo. Temos un gran ambiente e intentaremos facer unha boa tempada para quedar o máis arriba posible.”