O Costa Ártabra arrinca hoxe, no Javier Gómez Noya, a segunda fase da competición, unha fase decisiva na loita polo ascenso de categoría.
Tras completar unha primeira fase brillante, sólida e regular, os departamentais afrontan agora un novo reto, no que cada partido será clave para alcanzar o obxectivo buscado desde a pretemporada.
O debut de hoxe chega con máxima ilusión e compromiso. Coa clasificación amarrada desde hai semanas, o corpo técnico traballou arduamente para preparar esta segunda fase, conscientes da esixencia que exporá esta liguiña fronte a rivais de gran capacidade competitiva. O grupo confía en manter o nivel e sobre todo a identidade mostrada ata a data: competitividade, compromiso, ambición, capacidade de sacrificio e sentimento de equipo, dun grupo de 19 xogadores que se sobrepuxeron unha e outra vez ás adversidades a modo de lesións que arrasaron ao persoal.
O partido de hoxe marcará o punto de arranque dun camiño ilusionante, no que o apoio da afección será fundamental para manter o Javier Gómez Noya como un fortín inexpugnable que sexa a base dun camiño exitoso cara ao obxectivo desexado do ascenso.
Foto: Blanca Gómez




